A cidade-estado de Sriwijaya (no sur da illa de Sumatra) vence en batalla naval ao reino de Tarumanagara ( no oeste da illa de Xava), obtendo a supremacía no control dos estreitos de Malaca e de Sonda.
Inicio do reinado de Ina, rei de Wessex (até 726).
Expedición de Xustiniano II, emperador bizantino, contra os eslavos de Macedonia. Deportará varios milleiros a Bitinia, para reforzar a fronteira contra os musulmáns.
Oriente Medio
O califa Abd El-Malik asina unha tregua de dez anos con Bizancio.