Os árabes toman a cidade de Avignon, no sur da Galia, coa axuda de Maucontio; desde aí estenden as súas correrías por Aquitania e até Lión.
Carlos Martel sitia Avignon, tómao dos árabes e masacra a poboación que é saqueada. Asedia posteriormente Narbona, tamén en mans musulmás, mais non é quen de tomala. Os seus exércitos saquean outras cidades antes de tornar para Austrasia.