A7V
| A7V | |
|---|---|
| Tipo | Carro de combate |
| Orixe | Imperio alemán |
| Usado por | Exército Imperial Alemán |
| Guerras | Primeira guerra mundial |
| Deseñado | Joseph Vollmer |
| Construídos | 20 |
| Peso | 33 toneladas |
| Lonxitude | 7.47 metros |
| Anchura | 3.1 metros |
| Altura | 3.35 metros |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
O A7V foi un carro de combate introducido por Alemaña en 1918, preto do final da primeira guerra mundial. Foron pedidos un cento de vehículos a principios dese ano, pero só 20 serían entregados. Usáronse en combate dende marzo ata outubro e foron os únicos carros de combate alemáns utilizados durante o conflito.