AG-51
| AG-51 Acceso á PLISAN | |
|---|---|
| Tipoloxía | Autovía |
| Rede | Rede de estradas de Galicia |
| Lonxitude | 4,5 (2,36 en servizo) km |
| Localización | |
| Inicio | A-52 (saída 291 Lira) |
| Fin | PLISAN |
| Circulación | |
| Velocidade máxima | 80 km/h |
A AG-51 é unha autovía autonómica proxectada para dar acceso á PLISAN desde a A-52. A obra foi adxudicada en febreiro de 2010 a Dragados SA e OCASA por un importe de 18 millóns de euros. A lonxitude total é de 4,5 quilómetros cunha velocidade limitada a 80 km/h.[1]
A súa posta en servizo foi adiada en diversas ocasións: primeiramente estaba prevista para 2009, logo 2012 e logo 2013[2], porén non estaría -parcialmente- en funcionamento até febreiro de 2015 para dar servizo, cun tramo de 2,36 km[3], a dúas parroquias de Salvaterra.[4]
No Plan MOVE recóllese unha ampliación cara Portugal mediante unha nova ponte internacional no horizonte 2020.
Futuros enlaces
| número de saída | nome da saída | estrada coa que liga |
|---|---|---|
| Vigo Ourense |
A-52 | |
| Enlace de Vales | PO-402 | |
| PLISAN |
Notas
- ↑ "A Xunta adxudica a autovía de enlace da Plisan e a A-52". Galicia Hoxe. 04.02.2010. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2017. Consultado o 2017-08-16.
- ↑ Ángel Paniagua (2009-08-18). "La Xunta prometió hacer el acceso al Puerto Seco en 24 meses y tardará 40". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-16.
- ↑ "Rede Autonómica de Estradas de Pontevedra" (PDF). Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de setembro de 2019. Consultado o 16.08.2017.
|urlarquivo=e|url-arquivo=redundantes (Axuda);|dataarquivo=e|data-arquivo=redundantes (Axuda) - ↑ Gabino Porto (10.02.2015). "La Xunta abre la autovía de la Plisan para dar servicio a dos parroquias de Salvaterra". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2017-08-16.