AP-1
| AP-1 Autovía do Norte | |
|---|---|
| Tipoloxía | Autoestrada |
| Rede | Rede de estradas do Estado Rede de estradas de Álava Rede de estradas de Guipúscoa |
| Ruta europea | |
| Lonxitude | 175 km |
| Localización | |
| Inicio | Castañares, Burgos |
| Fin | Éibar (Guipúscoa) |
A Autoestrada do Norte ou AP-1 é unha autoestrada española que ten o seu inicio en Castañares, nas proximidades de Burgos e termina como autoestrada única en Éibar (Guipúscoa), pasando por toda a comarca de Debagoiena. A partir de alí únese coa AP-8 e continúa, en dirección leste cara a Irún e fronteira con Francia e en dirección oeste cara a Bilbao e Cantabria.
Historia
O proxecto orixinal, de 1974, abarcaba unha autoestrada que cubría o traxecto entre Burgos e Éibar (Guipúscoa) pero a empresa concesionaria só construíu o tramo de Burgos ata a localidade de Armiñón que cobre un itinerario de 84,3 km e contén tres túneles de 1.314m de lonxitude total, que sortean as maiores dificultades orográficas do traxecto. Este tramo entrou en servizo en 1984 e actualmente ten como horizonte final de concesión o ano 2018.[1]
Nos anos 90, as deputacións forais de Guipúscoa e Áraba acordaron realizar a construción da parte que non levou a cabo orixinalmente, e que discorre polo País Vasco. Entre Éibar e Vitoria, o traxecto alcanza os 46,2 km e entrou en servizo totalmente o 22 de maio de 2009.
Antes de 2003, e de acordo coa normativa da época, o tramo entre Burgos e Armiñón denominábase A-1.
Desde novembro de 2006, o tramo Ameyugo-Miranda de Ebro-Armiñón está exento de peaxe para tránsitos internos.
Tramos

| Tramo | Apertura | Lonxitude (km) |
|---|---|---|
| Burgos - Armiñón | 1984 | 83 |
| Armiñón - Vitoria (A-1) | Autovía libre de peaxe, desde principios dos anos 80 | - |
| Vitoria - Luko | 3 de xuño de 2008 | 6,2 |
| Luko - Eskoriatza | 3 de abril de 2009 | 18,8 |
| Eskoriatza - Arrasate | 22 de maio de 2009 | 6,4 |
| Arrasate - Bergara-Sur | xullo de 2005 | 3 |
| Bergara-Sur - Bergara-Norte | xullo de 2004 | 5 |
| Bergara-Norte - Éibar (Malzaga)-AP-8 | decembro de 2003 | 8 |
| Éibar (Malzaga)-AP-8 - Irún (Comparte con AP-8) | 69 |
Saídas
Tramo Burgos-Armiñón
| Elemento | Saída (sentido Francia) | Número de saída | Saída (sentido Burgos) | Estrada que enlaza | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Burgos | Burgos Continúa por |
|||||||
| Burgos este | Burgos este | |||||||
| Peaxe de Burgos | - | Peaxe de Burgos | ||||||
| Villafría-Rubena | Villafría/Rubena | N-I | ||||||
| Área de Servizo de Quintanapalla | - | Área de Servizo de Quintanapalla | ||||||
| Área de Servizo de Briviesca | - | Área de Servizo de Briviesca | ||||||
| Briviesca | Briviesca | N-I | ||||||
| Pancorbo | Pancorbo | N-I N-232 | ||||||
| Área de Servizo de Desfiladero | - | Área de Servizo de Desfiladero | ||||||
| Miranda de Ebro-Puentelarrá | Miranda de Ebro-Puentelarrá | |||||||
| Bilbao-Zaragoza | Bilbao-Zaragoza |
| ||||||
| Álava - PAÍS VASCO | - | Provincia de Burgos - CASTELA E LEÓN | ||||||
| Peaxe de Armiñón | - | Peaxe de Armiñón | ||||||
| Armiñón | Armiñón | |||||||
| Armiñón continúa por
|
Armiñón |
|
Tramo Vitoria-Éibar
| Elemento | Saída (sentido Francia) | Número de saída | Saída (sentido Burgos) | Estrada que enlaza | ||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Vitoria | Vitoria | N-622 N-624 | ||||
| Luko | Luko | |||||
| Eskoriatza | Eskoriatza | |||||
| Arrasate | Arrasate | |||||
| Bergara-Sur | Bergara-Sur / Zumarraga / Beasain | |||||
| Bergara-Norte | ||||||
| Éibar (Malzaga) | Éibar (Malzaga) |
| ||||
Notas
- ↑ "AP-1 Europistas". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2010. Consultado o 06 de xullo de 2011.







