AP-2
| AP-2 Autovía do Nordeste | |
|---|---|
| Tipoloxía | Autoestrada |
| Rede | Rede de estradas do Estado |
| Ruta europea | |
| Lonxitude | 220 km |
| Localización | |
| Inicio | |
| Fin | |
A Autoestrada do Nordeste ou AP-2 é unha autoestrada española cuxo obxectivo é unir Zaragoza con Barcelona e Tarragona. Esténdese entre Alfajarín e Saifores, pedanía de Banyeres del Penedès, onde enlaza coa AP-7.
Características
Empeza no enlace 340 da A-2 e acaba na AP-7. O tramo comprendido entre Zaragoza e Alfajarín formaba parte desta autoestrada e estaba libre de peaxe, pero co cambio de denominación de autoestradas e autovías de 2003 pasou a formar parte da A-2.
Existe, ademais, un pequeno tramo de autoestrada denominado B-23 entre Molins de Rei e Sant Feliu de Llobregat. É unha vía de peaxe literalmente paralela á A-2. Serve como acceso á cidade de Barcelona desde a AP-7.
O tramo comprendido entre El Vendrell e Molins de Rei utiliza a calzada da Autoestrada AP-7, pódese ver este aspecto nos fitos quilométricos onde aparece AP-7/AP-2 e o quilómetro.
A autoestrada construiose entre 1974 e 1979 e constitúe un corredor importante entre Madrid e País Vasco con Cataluña. Antes do cambio de denominación de autovías e autoestradas chamábase A-2.
Desde o mes de novembro de 2009, grazas a un acordo da Deputación Xeral de Aragón e o Ministerio de Fomento coa concesionaria da autoestrada, ao realizar calquera traxecto de ida e volta (nun máximo de 24 horas) comprendido entre Alfajarín e Fraga, ambos os dous inclusive, e pagar co dispositivo VIA-T, o traxecto será completamente gratuíto tanto a ida como a volta.
A Concesionaria da Autoestrada foi ACESA, filial da empresa Abertis.
Tramos
| Tramo | Lonxitude (km) |
|---|---|
| Alfajarín - Fraga | 96 |
| Fraga - Lleida (LL-12) | 26 |
| Lleida - El Vendrell (AP-7) | 93 |
| El Vendrell (AP-7) - Barcelona (B-23) | 63 |
Saídas
| Elemento | Saída (sentido El Vendrell) | Número de saída / km de saída | Saída (sentido Zaragoza) | Estrada que enlaza | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Alfajarín | Continúa en sentido Zaragoza por
|
| ||||||
| Área de Servizo de Alfajarín | km 18,5 | Área de Servizo de Alfajarín | ||||||
| Alfajarín - N-II Lleida - Barcelona | Alfajarín | N-II | ||||||
| Pina de Ebro | Pina de Ebro | N-II | ||||||
| Área de Servizo de Pina de Ebro | km 47,5 | Área de Servizo de Pina de Ebro | ||||||
| Bujaraloz | Bujaraloz | A-230 | ||||||
| Provincia de Huesca | - | Provincia de Zaragoza | ||||||
| Área de Servizo dos Monegros | km 86,5 | Área de Servizo dos Monegros | ||||||
| Fraga | Fraga | |||||||
| Área de Servizo de Fraga | km 119 | Área de Servizo de Fraga | ||||||
| Provincia de Lleida/CATALUÑA | Km. 120 | Provincia de Huesca /ARAGÓN | ||||||
| N-II Soses - Alcarràs - |
N-II Soses - Alcarràs - |
|||||||
| Lleida | Lleida | |||||||
| Área de Servizo de Lleida | km 141,5 | Área de Servizo de Lleida | ||||||
| Les Borges Blanques - Mollerussa | Les Borges Blanques - Mollerussa | N-240 | ||||||
| Área de Servizo de Les Garrigues | km 163,5 | Área de Servizo de Las Garrigues | ||||||
| Albí - Vinaixa | Albí - Vinaixa | LP-7032 | ||||||
| Provincia de Tarragona | km 181 | Provincia de Lleida | ||||||
| Montblanc - L'Espluga de Francolí | Montblanc - L'Espluga de Francolí | N-240 | ||||||
| Área de Servizo de Montblanc | km 195 | Área de Servizo de Montblanc | ||||||
| Valls - Pla de Santa María | Pla de Santa María - Puente de Armentera | C-37 | ||||||
| Vila-rodona | Vila-rodona - Valls | C-51 | ||||||
| Área de Servizo de Alt Camp | km 221 | Área de Servizo de Alt Camp | ||||||
| La Bisbal del Penedès - Lloréns - Santa Oliva - L'Albornar | La Bisbal del Penedès - Lloréns - Santa Oliva - L'Albornar | T-240 | ||||||
| TRAMO COMÚN CON AP-7 (saídas e km pertencentes á AP-7 | ||||||||
| Vilafranca del Penedès | Vilafranca del Penedès | |||||||
| Gelida | Gelida | |||||||
| Martorell | Martorell | |||||||
| TRAMO COMÚN CON AP-7 (saídas e kms pertencentes á AP-7 | ||||||||
| Barcelona | Barcelona |
|




