AP-6
| AP-6 Autoestrada do Noroeste | |
|---|---|
| Tipoloxía | Autoestrada |
| Rede | Rede de estradas do Estado |
| Lonxitude | 66 km |
| Localización | |
| Inicio | Collado Villalba (Madrid) |
| Fin | Adanero (Ávila) |
A AP-6 ou Autoestrada do Noroeste é unha autoestrada española que discorre desde Villalba (Madrid) ata Adanero (Ávila). A concesionaria é a empresa Iberpistas do grupo Abertis.
En 2007 terminouse de construír o terceiro tunel baixo a Serra de Guadarrama e os novos carrís de circulación. Desta forma conta cun tramo con tres túneles, quedando un reversible en función das necesidades do tráfico.
A autoestrada conta con 66 km de lonxitude. Ten 4 carrís por sentido entre Collado Villalba e Guadarrama, entre os km 42 e 48, e 3 carrís por sentido entre Guadarrama e San Rafael (Segovia), entre os km 48 e 60.
Ademais está iluminada desde Collado Villalba a San Rafael, entre os km 42 e 60. A devandita iluminación continua en sentido Madrid pola A-6 ata o seu inicio en Moncloa.
Está previsto[cando?] que proximamente se amplie a 3 carrís por sentido entre San Rafael e Villacastín, entre os km 60 e 80.
A Concesionaria da Autoestrada foi Iberpistas e a concesión rematou o 30 de xaneiro de 2018, cando se incorporou a Castellana de Autopistas.[1]
Saídas
| Elemento | Nome da saída (sentido A Coruña)/Ver de arriba-abaixo | Número de saída | Nome da saída (sentido Madrid)/Ver de abaixo-arriba | Estrada coa que liga |
|---|---|---|---|---|
| Autovía do Noroeste | Autovía do Noroeste | A-6 | ||
| Área de Servizo de Villalba | Área de Servizo de Villalba | |||
| Guadarrama - Porto de Guadarrama | El Escorial-Porto de Guadarrama | M-510 | ||
| El Escorial-Guadarrama | El Escorial-Guadarrama | M-600 | ||
| A Coruña (por Porto de Guadarrama) | - | N-VI | ||
| Provincia de Segovia CASTELA E LEÓN |
- | COMUNIDADE DE MADRID | ||
| Porto de Guadarrama 1511m | - | Porto de Guadarrama 1511m | ||
| Túnel de Guadarrama 3345m | - | Túnel de Guadarrama 3345m | ||
| Peaxe de San Rafael (non se paga dirección A Coruña) | - | Peaxe de San Rafael | ||
| San Rafael-Segovia | San Rafael-Segovia | N-603 | ||
| Segovia | - | AP-61 | ||
| Área de Servizo de Villacastín | - | Área de Servizo de Villacastín | ||
| Villacastín-Ávila | Villacastín-Ávila | AP-51 N-110 | ||
| Provincia de Ávila | - | Provincia de Segovia | ||
| Peaxe de Labajos | - | Peaxe de Labajos (non se paga dirección Madrid) | ||
| Sanchidrián-Salamanca | - | CL-507 | ||
| Adanero Olmedo-Valladolid |
- | N-601 | ||
| Autovía do Noroeste | Autovía do Noroeste | A-6 |
Notas
- ↑ "Información sobre concesiones". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2011. Consultado o 05 de febreiro de 2012. Iberpistas