Adonal Foyle
(2008) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 9 de marzo de 1975 Canouan, San Vicente e as Granadinas | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Educación | Hamilton Central School (en) Colgate University (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 208 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 114 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1997 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Convocado por | Golden State Warriors | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Adonal David Foyle, nado o 9 de marzo de 1975 en Canouan, San Vicente, é un ex xogador profesional de baloncesto de San Vicente e as Granadinas que xogou para os Golden State Warriors, Orlando Magic e Memphis Grizzlies da National Basketball Association (NBA). Cunha altura de 2,08 metros xogaba na posición de pivote.
Carreira
Universidade
Foyle asistiu á Universidade de Colgate, onde foi o máximo reboteador da historia da universidade e segundo máximo anotador. Abandonou a NCAA como máximo taponador de todos os tempos con 492, a pesar de xogar tres tempadas (Wojciech Myrda bateu a súa marca en 2002).
NBA
Foi seleccionado no Draft da NBA de 1997 na oitava posición por Golden State Warriors. Ao longo da súa carreira ha promediado 4.5 puntos e 1.9 tapóns por partido, finalizando entre o dez máximos taponadores por partido da tempada en tres ocasións. En xullo de 2004, os Warriors renovaron a Foyle por seis anos a razón de 42 millóns de dólares. O contrato foi criticado polos afeccionados, considerando que era demasiado excesivo para un xogador que participaba ao redor de 20 minutos por partido, e que ofensivamente era moi limitado. Nas dúas últimas tempadas, Foyle perdeu o rol de titular a favor de tres xogadores diferentes, entre eles o mozo Andris Biedrins. Na campaña 2005-06, fixo 4,5 puntos, 5,5 rebotes e 1,6 tapóns en 23,7 minutos por noite, mentres cobraba 7 312 500 $. En agosto de 2007 ficha por Orlando Magic como axente libre. O 19 de febreiro de 2009 foi traspasado a Memphis Grizzlies, aínda que non tardaría en regresar a Florida, onde actualmente forma parte do cadro, mais está inactivo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Perfil en nba.com
- Estatísticas de Adonal Foyle Arquivado 08 de maio de 2010 en Wayback Machine.