Albert Claude
(1974) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de agosto de 1898 Neufchâteau, Bélxica (pt) |
| Morte | 22 de maio de 1983 Bruxelas-Capital, Bélxica |
| Catedrático | |
| | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universite de Liege |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Bioquímica |
| Ocupación | biólogo, bioquímico, químico, profesor universitario, académico, médico, biólogo celular |
| Empregador | Universidade Rockefeller Universidade Libre de Bruxelas |
| Membro de | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Julia Gilder |
| Parentes | Richard Watson Gilder II, irmán da esposa Rodman Drake de Kay Gilder, sogro Louise Comfort Gilder, sogra |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Medvik >>>:Claude, Albert, 1899-1983, |
Albert Claude, nado o 24 de agosto de 1899 e finado o 22 de maio de 1983, foi un biólogo belga que gañou o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1974.
Estudou medicina na Universidade de Liexa (Bélxica). Durante o inverno de 1928-29 traballou en Berlín, primeiro no Institute für Krebsforschung, e logo no Kaiser Wilhelm Institute de Dahlem. No verán de 1929 uniuse ao Instituto Rockefeller. Mentres traballaba na Universidade Rockefeller nos anos 1930 e 1940, usou o microscopio electrónico para facer imaxes das células co cal profundou o coñecemento científico da estrutura celular e as súas funcións. Tamén desenvolveu un método por centrifugación diferencial, que separa os compoñentes celulares segundo a súa densidade.
O seu gran recoñecemento foi recibir o Premio Nobel en 1974, por ensanchar o coñecemento das células. Compartiu o Premio Nobel cos seus estudantes George Palade e Christian de Duve.