Als (en alemán Alsen) é unha illa do mar Báltico, na costa de Xutlandia e unido á ela por dúas pontes. Pertence a Dinamarca, pero, como resultado da guerra de 1864, pasou a Alemaña ata que polo plebiscito de 1920 volveu a Dinamarca.
A illa ten unha extensión de 321 km² e no ano 2003 tiña unha poboación de 57.272 habitantes. Sonderburg é a capital, Norburg, Augustenburg e Sydals son as outras dúas vilas principais.