Appenzell
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado federado | Suíza | |||
| Cantóns | Appenzell Interior | |||
| Bezirk (pt) | Schwende-Rüte (en) | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 5.750 (2014) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 16,86 km² | |||
| Altitude | 778 m | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 9050 | |||
| Lugar do Patrimonio suízo | ||||
| Identificador | ISOS 0378 | |||
| Sitio web | appenzell.org | |||
Appenzell (en francés Appenzell e en italiano Appenzello) é unha comuna e distrito suízo, capital do cantón de Appenzell Interior.

Xeografía
A comuna-distrito de Appenzell atópase situada nos Prealpes appenzellenses, a 780 m, aos pés do macizo do Säntis, o monte máis alto de toda a cadea montañosa do cantón. Limita ao norte coa comuna de Schlatt-Haslen, ao nordés con Gais (AR), ao leste con Rüte, ao sur con Schwende, e ao oeste con Gonten.
O distrito inclúe as localidades de Kau, Mendle, Mettlen, Rinkenbach e Sammelplatz, así como a localidade de Appenzell, a cal se acha esparexida nos distritos de Appenzell, Schwende e Rüte, aínda que a maior parte se atopa no distrito de Appenzell.
Imaxes
-
Fonte de auga da praza onde se reúne o pobo para o voto popular
-
Igrexa de San Mauricio (Sankt Maurizius) no centro da cidade
-
Casa do concello
-
A cidade de Appenzell na crónica de Johannes Stumpf do ano 1548
Historia
En 1071 menciónase por primeira vez a vila baixo o nome de Abbacella. En 1223 menciónase como Abbatiscella, o que significa a cela do abade.

Como o pobo está dividido en varios distritos, xa no século XVI se formou a Feuerschaugemeinde para unir os servizos públicos, como os bombeiros, a subministración de auga ou a electricidade, nunha institución común.
Turismo
A pesar de ser un lugar afastado, o distrito está ben comunicado por ferrocarril e por estrada desde Gossau e Sankt Gallen. É un centro turístico, grazas á conservación do patrimonio arquitectónico que lle dá un aire pintoresco. Ademais, pódense atopar todo tipo de souvenirs dos Alpes. É un punto preferido para o comezo de excursións á rexión dos Grisóns e do lago de Constanza.