Arriva
| Arriva | |
|---|---|
Buses de Arriva na estación da Coruña. | |
| Tipo | Sociedade anónima |
| Fundación | 1938 |
| Matriz | Deutsche Bahn |
| Localización | Admiral Way, Doxford International Business Park, Sunderland, SR3 3XP Admiral Way |
| Industria | Transporte de viaxeiros |
| Beneficio | 4 840 millóns de € (en decembro de 2015) |
| Número de empregados | 55.000 (en decembro de 2015) |
| Na rede | |
| http://www.arriva.co.uk, https://arriva.nl/, https://www.arriva.cz/ e https://arriva.it/ | |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Arriva é unha empresa multinacional do sector do transporte, de orixe inglesa, propiedade de Deutsche Banh. En Galicia opera como Arriva Noroeste e na Comunidade de Madrid con empresas filiais como DeBlas e Esfera.
En Galicia e o norte de Portugal
En xullo de 1998 Arriva mercou Ideal Auto Sociedad Anónima (IASA) e en setembro de 1999 Transportes Finisterre.
En maio de 2018 pediu autorización para operar no tráfico de viaxeiros por tren empregando a infraestrutura de Renfe pero con trens propios entre Porto e A Coruña.[1] A viaxe entre A Coruña e Porto tería paradas en Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo-Guixar, Valença e Nine. A viaxe duraría dúas horas e 46 minutos.