Atlas C
| Atlas C / XSM-65C | |
|---|---|
| Función | ICBM de probas. |
| país de orixe | Estados Unidos[1] |
| Tamaño | |
| altura | 25,15 m[1] |
| diámetro | 3,05[1] |
| masa | 110.740 kg[1] |
| Etapas | 1[1] |
| foguetes derivados | |
| Familia | Atlas[1] |
| Lanzamento históricos | |
| Estado | Retirado[1] |
| Sitios | Cabo Cañaveral[1][2] |
| Total de lanzamentos | 6[1][2] |
| fallos | 3[1][2] |
| Voo inaugural | 24 de decembro de 1958[1][2] |
| Último voo | 24 de agosto de 1959[1][2] |
| Acelerarores – Atlas MA-2[1] | |
| diámetro | 4,90 m[1] |
| masa cheo | 3050 kg[1] |
| impulsado por | 1 XLR-89-5[1] |
| potencia máxima | 1517,422 kN (no baleiro)[1] |
| Impulso específico | 248 s (a nivel do mar), 282 s (no baleiro)[1] |
| propelente | Oxíxeno líquido e queroseno[1] |
| Primeira etapa – Atlas C[1][2] | |
| altura | 21,9 m[1] |
| diámetro | 3,05 m[1] |
| masa baleiro | 3.980 kg[1] |
| masa cheo | 107.610 kg[1] |
| impulsado por | 1 XLR-105-5[1] |
| potencia máxima | 363,218 kN (no baleiro)[1] |
| Impulso específico | 309 s (a nivel do mar), 215 s (no baleiro)[1] |
| propelente | Oxíxeno líquido e queroseno[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Atlas C, tamén coñecido co código XSM-65C, foi un mísil balístico intercontinental de proba pertencente á familia de foguetes Atlas, formada en primeiro lugar por mísiles e máis tarde por foguetes espaciais. Foi a última iteración experimental antes da entrada en produción.[1][2]
Características
O Atlas C foi un modelo de probas, sucesor dos Atlas A e Atlas B, que non levaba oxiva funcional. Voou seis veces, con tres fallos, e deu lugar ao primeiro ICBM (mísil balístico intercontinental) despregado nos Estados Unidos. Co tempo o foguete evolucionaría para dar lugar a unha familia de lanzadores espaciais. Foi adicado a verificar os tanques de propelente de grosor mínimo e os sistemas de comunicación e usaba un motor exectable e un motor de sustentación no que se deu en chamar un foguete "de etapa e media". Podía levar unha carga de 70 kg a unha altura de 185 km.[1][2]
Variantes
Atlas C Able
O Atlas C Able consistía nun Atlas C cun foguete Able como segunda etapa e un Altair como terceira. Só intentou lanzarse unha vez, explotando na rampla de lanzamento durante unha proba de acendido estático o 24 de setembro de 1959.[3][4]
Historial de lanzamentos
| Voo[1][2] | Data[1][2] | Rampla de lanzamento[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas[1][2] |
|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 24 de decembro de 1958 | Cabo Cañaveral LC-12 | Oxiva simulada | Éxito | Primeiro voo. |
| 2 | 27 de xaneiro de 1959 | Cabo Cañaveral LC-12 | Oxiva simulada | Fallo | |
| 3 | 20 de febreiro de 1959 | Cabo Cañaveral LC-12 | Oxiva simulada | Fallo | |
| 4 | 19 de marzo de 1959 | Cabo Cañaveral LC-12 | Oxiva simulada | Fallo | |
| 5 | 21 de xullo de 1959 | Cabo Cañaveral LC-12 | Oxiva simulada | Éxito | |
| 6 | 24 de agosto de 1959 | Cabo Cañaveral LC-12 | Oxiva simulada | Éxito | Último voo. |
Notas
- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 Mark Wade (2018). "Atlas C" (en inglés). Consultado o 18 de xuño de 2018.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-C (XSM-65C) ICBM" (en inglés). Consultado o 18 de xuño de 2018.
- ↑ Mark Wade (2018). "Atlas C Able" (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2018.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-C Able" (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2018.