B.League
| Tipo | liga deportiva |
|---|---|
| Deporte | baloncesto |
| Organizador | Asociación Xaponesa de Baloncesto |
| Localización e Datas | |
| País | Xapón |
| Vixencia | 2015 – |
| Outro | |
| Cancelo | #Bリーグ |
| Páxina web oficial | bleague.jp |
A B.League (en xaponés: Bリーグ) é unha competición de baloncesto profesional masculino que abrengue as dúas máximas categorías do país, a B1 League e a B2 League. A liga, operada pola Japan Professional Basketball League (ジャパン・プロフェッショナル・バスケットボールリーグ), foi fundada o 1 de abril de 2015 como resultado da fusión entre a National Basketball League (NBL), operada pola Federación Xaponesa de Baloncesto, afiliada á FIBA, e a bj league operada de forma independente. A fusión foi obrigada pola FIBA como condición para que o Xapón retomara a súa adhesión ao organismo tras a súa suspensión en novembro de 2014.[1]
Historia
A Federación Xaponesa de Baloncesto (en xaponés: 日本バスケットボール協会 Nihon basukettobōru kyōkai), fundada en 1930, dirixiu as principais ligas de baloncesto do Xapón baixo varios nomes desde 1967. Ao longo da historia da federación, e ao igual noutros deportes do país, os equipos estiveron afiliados a grandes corporacións, sendo os xogadores empregados da súa respectiva empresa en lugar de competir como profesionais. A principios da década de 1990, o fútbol no Xapón afastouse desta estrutura corporativa e lanzou a J.League en 1993. A federación comezou a investigar ese camiño para o baloncesto ese mesmo ano e, en 1997, levantou a prohibición de xogadores profesionais. A pesar diso, a estrutura da Super League xaponesa mantívose a súa natureza afeccionada, seguindo a maioría dos equipos baixo o control dun patrocinador/propietario corporativo.
En 2005 foi fundado unha liga independente para competir coa Super League da federación, a bj league. Esta competición estaba baseada no sistema de franquías de equipos profesionais estadounidense. En resposta, a Federación renomeu e refundou a súa Super League como a Japan Basketball League en 2007. Porén, aínda había unha mestura de equipos profesionais e corporativos na competición. En 2013 a liga volveu a mudar de nome e adoptou a denominación de National Basketball League. Desde o establecemento da bj league en 2005, ambas competicións ampliaron rapidamente o número de equipos, con 45 equipos participando entre as dúas competicións en 2015.[2]
A FIBA, órgano reitor internacional do baloncesto, preocupouse pola división e desorganización do deporte no país. Despois de que a Federación Xaponesa incumprise os prazos para comezar a reorganizar as ligas nacionais, a FIBA suspendeu ao Xapón das competicións internacionais en novembro de 2014. Formouse un grupo de traballo para investigar a reforma das ligas nacionais e Saburō Kawabuchi foi nomeado copresidente. En maio de 2015, por recomendación da FIBA, Kawabuchi foi nomeado presidente da Federación Xaponesa. A fusión das dúas ligas competidoras na B.League anunciouse en xuño de 2015 e a suspensión internacional foi levantada pola FIBA en agosto. A empresa de telecomunicacións Softbank foi nomeada como o principal patrocinador da liga para a tempada inaugural en marzo de 2016. A primeira temporada comezou cun partido inaugural entre o catro veces campión da JBL/NBL Alvark Tokyo e o catro veces campión da bj league Ryukyu Golden Kings. Desde a tempada 2021−22, os campións e subcampións de cada temporada clasifícanse para a Superliga de Asia Oriental.
Formato
A liga consta de dúas divisións, chamadas B1 e B2. Para a temporada 2022–23 a primeira división (B1) conta con 24 equipos e a segunda división (B2) conta con 14 equipos, cun sistema de ascenso e descenso entre estas dúas divisións. Cada unha das dúas primeiras divisións divídese ademais en dúas conferencias, Leste e Oeste.
Primeira División
Na B1 League, a primeira división, cada equipo xoga 60 partidos de temporada regular, dos cales 36 son contra equipos dentro da súa conferencia (4 partidos contra cada equipo) e 24 contra equipos da outra conferencia (2 partidos contra oito equipos e 4 partidos contra os dous equipos restantes). Oito equipos clasifícanse para os playoffs, incluídos os tres primeiros equipos de cada conferencia e os dous seguintes mellores equipos independentemente da súa conferencia. Os playoffs consisten en cuartos de final, semifinais e roldas finais, cun formato de mellor de tres en cada rolda. Na temporada 2022−23 as dúas conferencias pasan a ser tres.
Segunda División
Na B2 League, a segunda división, a temporada regular tamén consta dun calendario de 60 partidos por equipo, dos cales 42 son contra equipos dentro da súa propia conferencia (6 partidos contra cada equipo) e 18 contra equipos da outra conferencia (2 partidos contra sete equipos e 4 partidos contra o equipo restante). O formato de clasificación é idéntico ao da primeira división: oito equipos clasifícanse para o playoff, que inclúe aos tres primeiros equipos de cada conferencia e os dous seguintes con mellores rexistros independentemente da súa conferencia. Os playoffs consisten en cuartos de final, semifinais e roldas finais, cun formato ao mellor de tres en cada rolda. Cada ano celébranse playoffs de ascenso e descenso cada ano para determinar que equipos da B2 League ascenderán á B1 League e que equipos da primeira división descenderán á segunda para a tempada seguinte.
Equipos
B1 League
Os seguintes son os equipos para a temporada 2022−23 da B1 League, a primeira división da B.League.[3]
| Conferencia | Equipo | Cidade | Prefectura | Pavillón | Capacidade | Debut | Antes de 2016 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
Leste |
Akita Northern Happinets | Akita | CNA Arena Akita | 5.000 | 2016–17 | bj-league | |
| Alvark Tokyo | Shibuya | Ximnasio Nacional Yoyogi | 13.291 | 2016–17 | NBL | ||
| Chiba Jets Funabashi | Funabashi | Funabashi Arena | 4.368 | 2016–17 | NBL | ||
| Gunma Crane Thunders | Ōta | Ximnasio de Ōta | 1.987 | 2016–17 | bj-league | ||
| Ibaraki Robots | Mito | Adastria Mito Arena | 5.000 | 2016–17 | NBL | ||
| Levanga Hokkaido | Sapporo | Hokkai Kitayell | 8.000 | 2016–17 | NBL | ||
| Sendai 89ers | Sendai | Xebio Arena Sendai | 4.002 | 2016–17 | bj-league | ||
| Utsunomiya Brex | Utsunomiya | Brex Arena Utsunomiya | 2.900 | 2016–17 | NBL | ||
Centro |
Kawasaki Brave Thunders | Kawasaki | Todoroki Arena | 6.500 | 2016–17 | NBL | |
| Niigata Albirex BB | Nagaoka | City Hall Plaza Aore | 5.100 | 2016–17 | bj-league | ||
| San-en NeoPhoenix | Toyohashi | Ximnasio Xeral Toyohashi | 2.000 | 2016–17 | bj-league | ||
| SeaHorses Mikawa | Kariya | Wing Arena Kariya | 2.376 | 2016–17 | NBL | ||
| Shinshu Brave Warriors | Chikuma | White Ring | 7.000 | 2016–17 | bj-league | ||
| Sun Rockers Shibuya | Shibuya | Ximnasio Aoyama Gakuin | 5.000 | 2016–17 | NBL | ||
| Toyama Grouses | Toyama | Ximnasio de Toyama | 4.650 | 2016–17 | bj-league | ||
| Yokohama B-Corsairs | Iocoama | Piscina Internacional de Iocoama | 5.000 | 2016–17 | bj-league | ||
Oeste |
Fighting Eagles Nagoya | Nagoia | Biwajima Sports Center | 1.750 | 2016–17 | NBDL | |
| Hiroshima Dragonflies | Hiroshima | Hiroshima Sun Plaza | 6.052 | 2016–17 | NBL | ||
| Kyoto Hannaryz | Kyoto | Hannaryz Arena | 2.500 | 2016–17 | bj-league | ||
| Nagoya Diamond Dolphins | Nagoia | Dolphins Arena | 7.515 | 2016–17 | NBL | ||
| Osaka Evessa | Osaca | Ookini Arena Maishima | 7.056 | 2016–17 | bj-league | ||
| Ryukyu Golden Kings | Okinawa | Okinawa Arena | 10.000 | 2016–17 | bj-league | ||
| Shiga Lakes | Ōtsu | Ukaruchan Arena | 4.896 | 2016–17 | bj-league | ||
| Shimane Susanoo Magic | Matsue | Ximnasio Xeral de Matsue | 3.003 | 2016–17 | bj-league |
B2 League
| Conferencia | Equipo | Cidade | Prefectura | Pavillón | Capacidade | Debut | Antes de 2016 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
Leste |
Altiri Chiba | Chiba | Chiba Port Arena | 7.512 | 2022–23 | − | |
| Aomori Wat's | Aomori | Maeda Arena | 5.371 | 2016–17 | bj-league | ||
| Earth Friends Tokyo Z | Ōta | Ximnasio Xeral de Ōta | 4.012 | 2016–17 | NBDL | ||
| Fukushima Firebonds | Kōriyama | Ximnasio Xeral de Koriyama | 7.056 | 2016–17 | bj-league | ||
| Koshigaya Alphas | Koshigaya | Ximnasio Municipal de Koshigaya | 4.472 | 2019–20 | NBDL | ||
| Nishinomiya Storks | Nishinomiya | Ximnasio Central de Nishinomiya | 5.000 | 2016–17 | NBL | ||
| Yamagata Wyverns | Tendō | Parque Atlético de Yamagata | 3.112 | 2016–17 | NBDL | ||
Oeste |
Bambitious Nara | Nara | Rohto Arena Nara | 5.818 | 2016–17 | bj-league | |
| Ehime Orange Vikings | Matsuyama | Matsuyama Community Center | 2.516 | 2016–17 | bj-league | ||
| Kagawa Five Arrows | Takamatsu | Ximnasio Xeral de Takamatsu | 2.258 | 2016–17 | bj-league | ||
| Kumamoto Volters | Kumamoto | Ximnasio Xeral de Kumamoto | 4.110 | 2016–17 | NBL | ||
| Nagasaki Velca | Nagasaki | Ximnasio Xeral de Nagasaki | 5.600 | 2022–23 | – | ||
| Rizing Zephyr Fukuoka | Fukuoka | Teriha Sekisui House Arena | 5.042 | 2017–18 | bj-league | ||
| Saga Ballooners | Saga | Saga Sunrise Park | 2.118 | 2020–21 | – |
Palmarés
- 2016–17
Utsunomiya Brex - 2017–18
Alvark Tokyo - 2018–19
Alvark Tokyo - 2020–21
Chiba Jets Funabashi - 2021–22
Utsunomiya Brex
Por equipo
| Club | Campión | Subcampión | Anos campión |
|---|---|---|---|
| 2 | 1 | 2017, 2022 | |
| 2 | 0 | 2018, 2019 | |
| 1 | 2 | 2021 | |
| 0 | 1 | − | |
| 0 | 1 | − |
Notas
- ↑ "Japan suspended by FIBA". ESPN. 26 de novembro de 2014. Consultado o 2 de setembro de 2019.
- ↑ Odeven, Kaz (3 de outobro de 2015). "Size of B. League will present challenges from the outset". Japan Times. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2016. Consultado o 03 de setembro de 2022.
- ↑ "Arena" [Arena] (en xaponés). Consultado o 14 September 2020.