Barfi!
| Barfi! | |
|---|---|
| Ficha técnica | |
| Título orixinal | बर्फी! |
| Director | Anurag Basu |
| Produtor | Ronnie Screwvala Siddharth Roy Kapur |
| Guión | Anurag Basu |
| Intérpretes | Ranbir Kapoor Priyanka Chopra Ileana D'Cruz |
| Música | Pritam |
| Fotografía | Ravi Varman |
| Montaxe | Akiv Ali |
| Estudio | Ishana Movies UTV Motion Pictures |
| Distribuidora | UTV Motion Pictures |
| Estrea | 14 de setembro de 2012 |
| Duración | 150 minutos |
| Orixe | |
| Xénero | Comedia romántica e drama |
| Orzamento | 35 crore[1] |
| Recadación | 175 crore[2] |
| Na rede | |
| http://www.utvgroup.com/motion-pictures/coming-soon/barfii.html | |
Barfi! (en hindi: बर्फी!) é un filme indio de 2012 escrito e dirixido por Anurag Basu, editado por Akiv Ali e apoiado por UTV Motion Pictures. Está protagonizado por Ranbir Kapoor, Priyanka Chopra e Ileana D'Cruz (no seu debut nun filme hindi) xunto con Saurabh Shukla, Ashish Vidyarthi, Jisshu Sengupta, Roopa Ganguly e Haradhan Bandopadhyay nos papeis secundarios. Ambientado en Darjeeling e Calcuta na década de 1970, céntrase na historia de Barfi (Kapoor), un home de Darjeeling, e a súa relación con dúas rapazas, a fermosa Shruti (D'Cruz) e a autista Jhilmil (Chopra).
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 85ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[3]
Personaxes
- Ranbir Kapoor como Murphy Chhetri (a.k.a. Barfi)
- Priyanka Chopra como Jhilmil Chatterjee
- Ileana D'Cruz como Shruti Ghosh Sengupta
- Saurabh Shukla como Inspector Sudhanshu Dutta
- Ashish Vidyarthi como Durjoy Chatterjee (pai de Jhilmil)
- Saayoni Ghosh como Piyali (amiga de Shruti)
- Jisshu Sengupta como Ranjeet Sengupta (prometido de Shruti)
- Roopa Ganguly como Mrs. Ghosh (nai de Shruti)
- Uday Tikekar como Mr. Ghosh (pai de Shruti)
- Haradhan Bandopadhyay como Daju
- Arun Bali como Nanaji
Notas
- ↑ "Barfi!-Movie". Box Office India.
- ↑ "Barfi!-Movie". Box Office India.
- ↑ "Ranbir Kapoor's Barfi! out of the Oscar race". Hindustan Times. 5 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2013. Consultado o 11 de abril de 2013.