COPE
| COPE | |
|---|---|
| Área de radiodifusión | |
| Eslogan | Estar informado |
| Primeira emisión | 1973 |
| Formato | |
| Lingua(s) | castelán |
| Indicativo | COPE |
| Afiliación | Radio Popular |
| Estacións irmás | Lista
|
| Na rede | |
| Webcast | |
| http://cope.es/ | |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
A COPE, acrónimo de Cadena de Ondas Populares de España, é unha das principais cadeas de radio de España e está vinculada á Conferencia Episcopal Española.
Historia e características
COPE é a marca empregada por Radio Popular S.A., unha empresa formada pola Conferencia Episcopal Española (50 %), as dioceses (20 %) e ordes relixiosas como os xesuítas ou os dominicos. Tamén forma parte a ONCE. Ao grupo pertencen outras canles de radio e televisión, como Cadena 100 e Rock & Gol, e Popular TV.
Estivo moitas veces envolta en polémicas polo uso do galego, unhas veces por motivos xudiciais e outros por declaracións dos compoñentes como Federico Jiménez Losantos.[Cómpre referencia] Con todo as emisoras locais empregan decote a lingua galega e Radio Popular de Vigo, pertencente á COPE, foi pioneira no uso da lingua galega na radio.[1]