Canillas é un barrio de Madrid (España), situado no distrito de Hortaleza, no leste da cidade. Ocupa moito menos territorio que o municipio do mesmo nome que foi anexionado á capital en 1949. Actualmente conta cunha poboación de 44.861 habitantes, limitando polo norte e polo sur cos barrios de Pinar del Rey e Piovera.