Castelo de Simancas

Castelo de Simancas

Tipocastelo e edificio de arquivo Editar o valor en Wikidata
Parte deCastelos da provincia de Valladolid Editar o valor en Wikidata
Localización
 41°35′31″N 4°49′44″O / 41.5919, -4.8289
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Valladolid
ConcelloSimancas Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
OcupanteArquivo Xeral de Simancas Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben de Interese Cultural
IdentificadorRI-AR-0000010
Wikidata ]

O castelo de Simancas é un castelo que se atopa na localidade valisoletana de Simancas.

Historia

No século XV a familia Enríquez, Almirantes de Castela, exercían o señorío de Simancas. Reconstruíron a vella fortaleza árabe e desta época é a capela. Pouco despois, en 1490, os Reis Católicos reclamárona para a coroa e convertérona en prisión de Estado.

Aquí estivo preso e foi executado con garrote vil o bispo de Zamora, don Antonio de Acuña, capitán comuneiro de Castela. Este personaxe tomou parte activa na batalla de Villalar xunto os tres comuneiros (Juan de Padilla, Juan Bravo e Francisco Maldonado) que foron executados ao día seguinte da batalla, pero el foi encerrado na torre do castelo,[1] dándolle a oportunidade de arrepentirse. Non se arrepentiu senón que estrangulou o alcaide da fortaleza e ao tratar de fuxir foi capturado de novo; o alcalde Ronquillo, por orde expresa de Carlos V, ordenou a súa morte que se executou o 24 de marzo de 1526.

O mariscal Pedro de Navarra, que foi apresado en 1516 na segunda contraofensiva para recuperar o Reino de Navarra tras a súa conquista, foi asasinado neste castelo o 24 de novembro de 1522.

Filipe II transformou o castelo en Arquivo Xeral do Reino acollendo un dos arquivos máis importantes de Europa con 35 millóns de documentos. As reformas que se fixeron deron lugar ao aspecto que ten na actualidade.

O edificio

Vista lateral do castelo.

O muro que o rodea, as torres, as ameas, o foso, a entrada e dúas pontes son da época medieval, finais do século XV. A capela foi reformada pola familia Enríquez no século XV; a actual é unha reforma dos anos 1950. Ten unha fermosa bóveda estrelada pintada, onde están representadas as armas dos seus fundadores: Don Alonso Enríquez e Dona Mª de Velasco. Consérvase tamén a cámara de tormentos.

O castelo propiamente dito débese ás reformas do século XVI, de Juan de Herrera e Francisco de Mora. Proxectouse a lanterna da Torre do Bispo con forma acampanada. Houbo máis reformas nos séculos XVII e XVIII.

Efectuáronse grandes e importantes obras para conservar o edificio como Arquivo Xeral. Entre outras estancias valiosas existe unha cámara incombustible onde están a maioría dos documentos.

Véxase tamén: Arquivo Xeral de Simancas.

Notas

  1. Debido a que el era membro do clero e estes non podían ser axusticiados.

Véxase tamén

Ligazóns externas