Cetme
| Cetme | |
|---|---|
| Orixe | España |
| Fabricante | CETME |
| Munición | 7.62×51mm NATO |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Cetme (acrónimo de Centro de Estudios Técnicos de Materiales Especiales) foi o fusil de asalto oficial do exército español dende 1957 ata 1999, cando foi substituído polo modelo G-36E da empresa Heckler & Koch.[1]
Características
Do Cetme existen varias versións similares entre elas: A, A1, B, C, E, L, LC, LV, AMELI. Aínda é empregado pola Garda civil. Recibía o alcume de chopo polos seus usuarios polas pezas de madeira, que en modelos posteriores foi substituída por materiais plásticos. O fusil incluía accesorios como lanzagranadas, mira telescópica e baioneta. Estaba fabricado pola empresa Santa Bárbara Sistemas na súa fábrica da Coruña. Existe unha versión de Cetme C,2 en versión semiautomática para o mercado civil, denominado comercialmente como Cetme Sport.
| Modelo | Data | Munición | Peso | Descrición |
|---|---|---|---|---|
| A1 | 1949 | 7,92 x 40 mm CETME | ||
| A2 | - | 7,62 x 51 | ||
| B | 1958 | 7,62 x 51 Cetme e 7,62 x 51 OTAN | ||
| C | 1964 | 4,3 kg | ||
| E | 1975 | |||
| L, LC, LV | 1984 | 5,56 x 45 OTAN | 3,3 kg |
Notas
- ↑ "De Santa Bárbara a Hércules de Armamento", El Ideal Gallego, 3 de outubro de 2015 (en castelán).