Chipilo
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | México | |||
| Estado federado | Puebla | |||
| Concello | San Gregorio Atzompa Municipality (en) | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 4.059 (2020) | |||
| Lingua usada | lingua chipileña | |||
| Xeografía | ||||
| Altitude | 2.143 m | |||
| Creación | 1882 | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 74325 | |||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 222 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
Chipilo é unha cidade localizada a 12 km ao sur da cidade de Puebla, en México. Está localizada a 2.150 metros sobre o nivel do mar. O seu nome oficial é Chipilo de Francisco Javier Mina. O xentilicio dos seus habitantes é chipileños.
Orixe histórica
Chipilo foi fundado o 2 de outubro de 1882 por inmigrantes italianos provenientes da rexión setentrional do Véneto, aínda que tamén houbo algúns piamonteses e lombardos entre os fundadores. A maioría deles viñeron de Segusino e dos pobos contiguos nas provincias de Treviso e Belluno, como Quero, Valdobbiadene, Feltre e Maser. Neste sentido, a inmigración italiana a Chipilo difire da doutros lugares de Latinoamérica, pero asemellase ó das rexións agrarias da Arxentina, zonas onde a maioría dos inmigrantes proveñen das rexións do Centro-Norte de Italia. Os inmigrantes viñeron a México en busca de terras fértiles e fuxindo da pobreza que azoutaba a rexión do Véneto nesa época. Moitos deles dedicáronse á gandería. Os produtos lácteos volvéronse famosos en moitos lugares de México. Durante os primeiros 20 anos da súa fundación, Chipilo foi unha colonia de estranxeiros chamada Colonia Fernández Leal.[1]
Lingua e cultura
Os chipileños conservan as súas tradicións de orixe e especialmete a súa lingua, o Véneto. Aínda se fala hoxe en Chipilo a lingua véneta dos seus bisavós. A variante véneta que se fala é o feltrin-belumat. Resulta sorprendente que a lingua non sufriu grandes influencias do español, como, por contra, ocorreu na Arxentina, ou acontece en Italia co influxo da lingua oficial.
Notas
- ↑ UDLAP, Chipilo. (en castelán)
