Copa Mitropa
| Nome na lingua orixinal | (en) Mitropa Cup |
|---|---|
| Tipo | competición futbolística |
| Deporte | fútbol |
| Localización e Datas | |
| Vixencia | 1927 – |
| Intervalo de tempo | – 1992 |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
A Copa Mitropa ou Copa de Europa Central foi unha competición continental de fútbol a nivel de clubs que naceu en 1927 e desapareceu en 1940 por mor da segunda guerra mundial.
Historia
Nas primeiras dúas edicións participaron dous clubs de Hungría, Austria, Checoslovaquia e Iugoslavia. En 1929 os clubs de Iugoslavia foron substituídos polos de Italia. En 1934 ampliouse a participación a 4 equipos por país. A partir de 1936 foron admitidos clubs de Suíza, e ó ano seguinte tamén de Romanía e novamente de Iugoslavia. En 1938, por mor da anexión alemá de Austria, os clubs dese país rexeitaron formar parte da competición. En 1940, por mor da guerra, a competición foi abandonada.
A Copa Mitropa enfrontaba ós clubs das, por aquel entón, principais potencias futbolísticas de Europa. Italia acadou os campionatos do mundo de 1934 e 1938, sendo subcampións Checoslovaquia e Hungría. Ademais Italia acadou o ouro nos Xogos Olímpicos de 1936, deixando a prata para a selección de fútbol de Austria, demostrando pois que Italia, Checoslovaquia, Hungría e Austria eran as 4 principais potencias do fútbol mundial. De feito Austria, Checoslovaquia e Hungría foron os 3 primeiros países do mundo en introducir o profesionalismo no fútbol (en 1924, 1925 e 1926 respectivamente). Estes datos fan entender que no seu tempo a Copa Mitropa tivo un prestixio semellante ó que ten actualmente a Liga de Campións da UEFA.
Palmarés
| |||||||||||||||
| Tempadas | CAMPIÓN | Resultados | Subcampión | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1940 | Final non disputada | ||||||||||||||
| 1939 | 4-1 e 2-2 | ||||||||||||||
| 1938 | 2-2 e 2-0 | ||||||||||||||
| 1937 | 4-2 e 5-4 | ||||||||||||||
| 1936 | 0-0 e 1-0 | ||||||||||||||
| 1935 | 1-2 e 3-0 | ||||||||||||||
| 1934 | 2-3 e 5-1 | ||||||||||||||
| 1933 | 1-2 e 3-1 | ||||||||||||||
| 1932 | 2-0 e 0-1 | ||||||||||||||
| 1931 | 3-2 e 2-1 | ||||||||||||||
| 1930 | 2-0 e 2-3 | ||||||||||||||
| 1929 | 5-1 e 2-2 | ||||||||||||||
| 1928 | 7-1 e 3-5 | ||||||||||||||
| 1927 | 6-2 e 1-2 | ||||||||||||||
Trala segunda guerra mundial
A comezos dos anos 50 os países de Europa Central viron o éxito da Copa Latina, unha competición continental creada á imaxe e semellanza da antiga Copa Mitropa, e que enfrontaba cada ano ós campións das ligas de España, Portugal, Francia e Italia. En 1951 disputouse un torneo chamado Copa Zentropa, que pretendía ser a continuación da Copa Mitropa, porén non tivo continuidade até que, en 1955, volveu o antigo torneo, co mesmo nome: Copa Mitropa, e co mesmo formato, aínda que con moito menos prestixio internacional, xa que ese mesmo ano naceu a Copa de Campións de Europa, actual Liga de Campións da UEFA. Durante moitos anos o representante italiano era o equipo que remataba o campionato doméstico por detrás dos equipos clasificados para Copa da UEFA. A partir dos anos 80 a competición comezou a ser disputada tan só polos campións das diversas segundas divisións. Os campións do torneo na súa segunda vida foron os seguintes:
- 1951 -
SK Rapid Wien - 1955 -
MTK Budapest FC - 1956 -
Vasas SC - 1957 -
Vasas SC - 1958 -
FC Crvena Zvezda - 1959 -
Budapest Honvéd FC - 1960 -
Hungaria - 1961 -
Bologna FC - 1962 -
Vasas SC - 1963 -
MTK Budapest FC - 1964 -
AC Sparta Praha - 1965 -
Vasas SC - 1966 -
ACF Fiorentina