Crack
A palabra crack é un anglicismo que se engadiu ó galego para expresar diversos conceptos.
- Por antonomasia, Xeración do crack, un movemento estético de narradores mexicanos de finais do século XX.
- En Informática, programa que fai unha modificación permanente ou temporal sobre outro ou no seu código, para obviar unha limitación ou peche imposto a propósito polo programador orixinal. Algunhas lexislacións consideran este tipo de programas ilegais por facilitar a vulneración dos dereitos de autor de códigos non públicos ou comerciais. Véxase Crack informático.
- Substancia nociva, considerada ilegal, derivada da cocaína. Véxase Crack (droga).
- Expresión usada coloquialmente para sinalar a alguén con cualidades excepcionais nun campo determinado. (p.e. os cracks do fútbol).
- O proceso químico de cracking, polo que as moléculas se rompen para formaren os produtos.