Derbi
| Derbi | |
|---|---|
| Tipo | Subsidiaria |
| Fundación | 1922 |
| Matriz | Piaggio |
| Localización | Martorelles, Barcelona |
| Fundador | Simón Rabasa y Singla |
| Industria | Motor |
| Produtos | Motos |
| Na rede | |
| http://www.derbi.com/ | |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Derbi (DERivado de BIcicleta) foi unha marca catalá de motocicletas. As orixes desta marca remóntanse a 1922, cando Simeón Rabasa i Singla se dedicaba á reparación de bicicletas. En 1944 Simeón, xunto ao seu irmán Josep, crea a marca Bicicletas Rabasa. No ano 1949 decídese comezar no mundo do motor construíndo a Derbi SRS, siglas que corresponden ao creador da marca. A moto tiña un motor de 48 cc e 1,5 cv.
A fábrica atópase na localidade de Martorells (Barcelona) e actualmente forma parte do grupo italiano Piaggio. En 2013 deixou de fabricar.
Competición
Ata o ano 2009, Derbi gañou 10 títulos de pilotos (3 deles co lendario piloto Ángel Nieto) e 8 de marcas, ademais de lograr 85 vitorias en grandes premios no mundial de velocidade nas diferentes categorías. Nos circuítos son coñecidas como as balas vermellas.
O seu primeiro mundial de pilotos e de marcas chegou en 1969 da man de Ángel Nieto na categoría de 50cc. Derbi e Nieto repiten vitoria en 1970 e en 1971 na categoría de 125cc. En 1972 Derbi consegue o seu segundo mundial en 125cc. En 1986 as balas vermellas conseguen o seu primeiro campionato de 80cc con Jorge Martínez Aspar campión e «Champi» Herreros subcampión. En 1987 Aspar acada o seu segundo campionato do mundo en 80cc e ademais Derbi consegue o mundial de marcas. En 1988 acádase o dobrete, terceiro campionato do mundo en 80cc e o terceiro campionato do mundo de 125cc. En 1989 Derbi conquista o seu último mundial da man de Herreros en 80cc.
- Os títulos mundiais de velocidade de pilotos obtidos na categoría de 50cc son:
| Ano | Campión | |
|---|---|---|
| 1969 | Ángel Nieto | |
| 1970 | Ángel Nieto | |
| 1972 | Ángel Nieto |
- Os títulos mundiais de velocidade de pilotos obtidos na categoría de 80 cc son:
| Ano | Campión | |
|---|---|---|
| 1986 | Jorge Martínez Aspar | |
| 1987 | Jorge Martínez Aspar | |
| 1988 | Jorge Martínez Aspar | |
| 1989 | Manuel Herreros "Champi" |
- Os títulos mundiais de velocidade de pilotos obtidos na categoría de 125 cc son:
| Ano | Campión | |
|---|---|---|
| 1971 | Ángel Nieto | |
| 1972 | Ángel Nieto | |
| 1988 | Jorge Martínez Aspar | |
| 2008 | Mike Di Meglio |
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial de Derbi
- Información e capturas de películas onde aparecen motocicletas Derbi en Internet Movie Car Database