Discogs
| Discogs | |
|---|---|
| Tipo | base de datos de música en liña e aplicación de catalogación social |
| Data de fundación | outubro de 2000 |
| Fundador(es) | Kevin Lewandowski |
| Nomeado en referencia a | discografía |
| Sede | Portland |
| País | Estados Unidos de América |
| Na rede | |
| https://www.discogs.com | |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Discogs, abreviatura de discografías, é unha páxina web e unha base de datos colaborativa que recolle información sobre gravacións de son, entre as que se inclúe gravacións comerciais, promocionais e gravacións non comerciais. Os servidores de Discogs, aloxados baixo o dominio discogs.com, son propiedade de Zink Media, Inc., e atópanse en Portland, Oregón, nos Estados Unidos.
Aínda que a páxina contén listas musicais de tódolos xéneros e en tódolos formatos, é especialmente coñecida por ser a meirande base de datos de música electrónica e polas súas gravacións en discos de vinilo.
Discogs contén arredor de 6 millóns de cancións, 3,9 millóns de artistas e uns 743 000 selos discográficos. Existen unhas 275 688 contas de usuario de colaboradores. Estas cifras están constante crecemento debido as contribucións dos usuarios[1][2].
Notas
- ↑ Discogs (ed.). "Explore on Discogs". Consultado o 24 de febreiro de 2016.
- ↑ Discogs (ed.). "Discogs Contributors". Consultado o 24 de febreiro de 2016.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Discogs.com (en inglés)
- Wiki de DiscogsArquivado 14 de marzo de 2016 en Wayback Machine.