Doris
O antropónimo Doris (en grego antigo Δωρίς Dōrís), pode referirse a:
Mitoloxía grega
- Doris, unha oceánide, filla, por tanto, de Océano e da súa irmá e esposa Tetis, unha das deusas menores asociadas ao mar. Estaba casada co póntida Nereo, con quen tivo a Glauco e a cincuenta fillas chamadas nereidas.
- Doris, a segunda das nereidas, filla da anterior.
- Doris, a nai de Sima, a amante de Poseidón.
Antiga Grecia
- Doris, nome que os gregos da antigüidade clásica daban ao coitelo ritual usado para sacrificar ás vítimas ns ofrendas.
Astronomía
- (48) Doris, un asteroide nomeado así en honor á oceánide.
Zooloxía
- Doris, un xénero de moluscos gasterópodos.