Dragón (constelación)

Draco
Draco
Nome latino Draco
Abreviatura Dra
Xenitivo Draconis
Simboloxía O Dragón
Ascensión recta 15 h
Declinación +75°
Área 1083 graos cadrados

Rango 8º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

3
Estrela máis brillante γ Dra (Etamin)

(magnitude ap. 2,23)

Choiva de meteoros
  • Dracónidas
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +90° e −15°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xullo

Draco ou Dragón[1] é unha constelación que está moi ó norte, que é circumpolar para moitos observadores do Hemisferio Norte. É unha das 88 constelacións modernas, e tamén é unha das 48 constelacións listadas por Tolomeo.

Aínda que é moi grande, Draco non ten estrelas especialmente brillantes. A cabeza do dragón está representada por un cuadrilátero de estrelas situadas entre Hércules e a Ursa Minor.

A constelación de Draco en Uranometria.

Estrelas principais

  • α Draconis (Thuban), estrela branca de magnitude 3,67, antigamente utilizada coma estrela polar.
  • β Draconis (Alwaid ou Rastaban), con magnitude 2,79, superxigante ou xigante amarela 950 veces máis luminosa có Sol.
  • γ Draconis (Etamin, tamén Eltanin ou Al Tais), estrela xigante laranxa, a máis brillante da constelación con magnitude 2,23.
  • δ Draconis (Altais ou Nodus Secundus), xigante de cor amarela-laranxa e magnitude 3,07.
  • η Draconis (Aldhibain), a segunda estrela máis brillante da constelación (magnitude 2,74), 61 veces máis luminosa có Sol e situada a 88 anos luz.
  • θ Draconis, estrela subxigante branco-amarela e binaria espectroscópica.
  • ι Draconis (Edasich), xigante laranxa de magnitude 3,29 onde se ten descuberto un planeta cunha órbita moi excéntrica.
  • κ Draconis, xigante branco-azulada e estrela Be, rodeada dun ancho disco creado pola súa rápida rotación.
  • λ Draconis (Gianfar ou Giausar), xigante vermella e variable semirregular.
  • μ Draconis (Arrakis), estrela binaria composta por dúas ananas amarelas separadas 2 segundos de arco.
  • ν Draconis (Kuma), estrela dobre cunhas compoñentes que distan 62 segundos de arco e poden ser observadas cuns prismáticos.
  • ξ Draconis (Grumium), xigante laranxa a 111 anos luz de distancia.
  • σ Draconis (Alsafi), estrela anana laranxa a 18,81 anos luz do sistema solar.
  • χ Draconis, de magnitude 3,55, estrela binaria a 26 anos luz.
  • AG Draconis, estrela simbiótica que cada 10 o 15 anos sofre estalidos que multiplican o seu brillo por cinco.
  • BY Draconis, sistema estelar formado coma mínimo por tres compoñentes; as dúas principais forman o prototipo das variables BY Draconis.
  • CM Draconis, sistema triplo composto por dúas ananas vermellas -tamén variables BY Draconis- e unha anana branca.
  • Struve 2398, sistema binario de dúas ananas vermellas nas proximidades do sistema solar.
  • Gliese 687, anana vermellas a un pouquiño menos de 15 anos luz da Terra.

Obxectos notables do espazo profundo

  • Nebulosa Ollo de gato (NGC 6543), unha das nebulosas planetarias máis brillantes e de maior interese.
  • NGC 5866, unha galaxia lenticular.
  • Galaxia espiral NGC 4319 e a súa posible asociación co obxecto Markarian 205.
  • Galaxias espirais NGC 4236 e NGC 5907, esta última 3º ó sur-suroeste de Edasich (ι Draconis).
  • Galaxia Anana de Draco, unha das máis febles que se coñecen, forma parte do Grupo Local.

Mitoloxía

Na mitoloxía grega coñécese a esta constelación grazas á undécima tarefa encargada a Hércules. Nela debía consegui-las manzás da árbore de Gaia no xardín das Hespérides, onde Hera tiña posto a Ladon, o dragón de cen cabezas, coma protector. Hera sentiu moito a perda do seu bravo gardián do xardín das Hespérides, polo que puso ó seu dragón no firmamento ó redor do polo norte. A constelación presenta unha das pernas de Hércules sobre a cabeza do dragón.

Noutra versión tratabase dun serpe que durante a xigantomaquia bateron os xigantes sobre Atenea. Esta lanzou a serpe ó ceo, onde quedou fixada.

Segundo outra versión, tratabase da forma de serpe que tomou Zeus para escapar de seu pai, Crono.

Notas

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas