Edred
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 923 (Gregoriano) Wessex |
| Morte | 23 de novembro de 955 (Gregoriano) Frome, Reino Unido (pt) |
| Lugar de sepultura | catedral de Winchester |
| Monarca de Inglaterra | |
| 946 – 23 de novembro de 955 (finado no cargo) ← Edmundo I de Inglaterra (pt) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Cristianismo calcedonio |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Familia | |
| Familia | Casa de Wessex |
| Pais | Eduardo o Vello |
| Irmáns | Edite de Wessex Edburga de Winchester Eadgifu de Wessex Aethelstan de Inglaterra Edmundo I de Inglaterra Aelfweard de Wessex Eduíno de Wessex Edith de Polesworth Eadgifu |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dictionary of National Biography The Nuttall Encyclopædia >>>:Edred |
Edred ou Eadred, nado no ano 924 e finado en Frome, Somerset, o 23 de novembro de 955, era o menor dos 4 fillos de Eduardo o Vello, rei de Wessex, e da súa segunda esposa, Edgiva, filla de Sigehelm, cabaleiro de Kent.
Traxectoria
Á morte do seu irmán, o rei Edmundo I o Magnífico (26 de maio de 946) foi elixido para o suceder no trono, sendo coroado en Kingston upon Thames o 16 de agosto de 946. Durante o seu reinado, combateu con éxito aos viquingos e foi un fervente católico. Morreu a consecuencia dunha enfermidade dixestiva. Un cronista refire que apenas podía inxerir alimentos. Morreu en Frome, Somerset, o 23 de novembro de 955, aos 31 anos de idade, sendo sepulto na catedral de Winchester. Posto que era solteiro e sen fillos sucedeuno o seu sobriño Edwy o Belo, fillo de Eadmund.
Véxase tamén
Bibliografía
- Gough, Harold. "Eadred's Charter of AD 949 and the Extent of the Monastic Estate of Reculver, Kent." St Dunstan: His Life, Times and Cult, ed. Nigel Ramsay and Margaret Sparks. Woodbridge and Rochester, NY: Boydell, 1992. 89-10.
- Keynes, Simon (1994). "The 'Dunstan B' Charters". Anglo-Saxon England 23: 165–93. doi:10.1017/s026367510000452x.
- Sawyer, P. "The last Scandinavian rulers of York." Northern History 31 (1995): 39-44.
- Stafford, Pauline (1989). Unification and Conquest. A Political and Social History of England in the Tenth and Eleventh Centuries. London.
- Stenton, Frank Merry. Anglo-Saxon England. 3d ed. Oxford, 1971. 360-3.