EuroGames
| Tipo | evento deportivo recorrente |
|---|---|
| Localización e Datas | |
| Vixencia | 1992 – |
| Outro | |
| Páxina web oficial | eglsf.info… |
Os EuroGames son unha competición multideportiva anual de ámbito europeo dirixida fundamentalmente a gais, lesbianas, transexuais e bisexuais, se ben as probas son de inscrición libre. Decide a súa organización a asemblea xeral da Federación Europea de Deportes para Gais e Lesbianas elixindo entre as candidaturas presentadas. É un dos eventos máis importante da comunidade gai en Europa[1] Entre os obxectivos dos EuroGames está a loita contra a discriminación por orientación sexual, a integración do colectivo LGTB, e potenciar a práctica deportiva entre esta comunidade.[2] En paralelo á celebración deportiva organízanse actividades culturais e turísticas.
Historia
Os primeiros EuroGames celebráronse en 1992 na Haia. Celébranse anualmente, pero non cando coinciden cos Xogos Gais, que se celebran a cada catro anos. Polo conseguinte, non se disputaron EuroGames en 1994, 1998, 2002 e 2006. Tampouco se celebran cando os Outgames Mundiais se celebren en Europa, como acontecerá en Copenhaguen 2009. En 1999 a cidade designada foi Manchester, pero os xogos foron cancelados.
Edicións
As edicións son de dous tipos, conforme o tamaño e as capacidades organizativas. Os anos olímpicos realízanse uns EuroGames de gran tamaño, mentres que no resto as competicións teñen unha limitación de participantes.[3]
| Edición | Ano | Cidade | País | Participantes | Nº Países | Disciplinas deportivas | Fitos | Outras cidades candidatas |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| I | 1992 | A Haia | 300 | 5 | 4 | |||
| II | 1993 | A Haia | 540 | 8 | 6 | |||
| III | 1995 | Frankfurt | 2,000 | 13 | ||||
| IV | 1996 | Berlín | 3,247 | 18 | 17 | |||
| V | 1997 | París | 2,000 | 18 | 17 | Bruxelas, Zürich | ||
| 1999 | Manchester | 0 | 0 | 0 | Cancelado | Colonia | ||
| VI | 2000 | Zürich | 4,500 | 19 | Hamburgo | |||
| VII | 2001 | Hannover | 1,500 | 7 | Pequenos EuroGames | |||
| VIII | 2003 | Copenhaguen | 2,200 | 7 | Pequenos EuroGames | |||
| IX | 2004 | Múnic | 5,050 | 38 | 27 | Viena | ||
| X | 2005 | Utrecht | 2855 | 44 | 9 | Pequenos EuroGames | ||
| XI | 2007 | Anveres | 3,650 | 38 | 11+1 | Pequenos EuroGames | ||
| XII | 2008 | Barcelona | >5,000 | 40 | 25 | |||
| XIII | 2011 | Rotterdam | 26 | |||||
| XIV | 2012 | Budapest | ||||||
| XV | 2015 | Estocolmo | 4,465 | 71 | 28 | Grandes EuroGames | ||
| XVI | 2016 | Helsinqui | 1400 | 40 | 14 | EuroGames | ||
| XVII | 2019 | Roma | ||||||
| XVIII | 2020 | Düsseldorf | ||||||
| XIX | 2021 | Copenhaguen |
Notas
- ↑ Hargreaves, Jennifer (2000). Heroines of Sport: The Politics of Difference and Identity. Routledge. ISBN 0-415-22849-2, p. 156.
- ↑ "History of EuroGames". Consultado o 19 de maio de 2018.
- ↑ "Past and Future". Consultado o 19 de maio de 2018.