Externsteine
| Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
|---|---|---|---|---|
| Localizado na área protexida | Externsteine (en) | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Horn-Bad Meinberg, Alemaña | |||
| ||||
| Cordilleira | Teutoburg Forest | |||
| Características | ||||
| Altitude | 262 m | |||
| Monumento do patrimonio arquitectónico en Renania do Norte-Westfalia | ||||
| Actividade | ||||
| Premios | National Geotope (en) | |||

Externsteine é unha formación rochosa singular de 40 metros de altura situada no val atravesado polo río Wiembecke ao seu paso pola cidade de Horn-Bad Meinberg no estado histórico do Principado de Lippe. Este monumento natural alemán recibe medio millón de visitantes cada ano [1]. O Externsteine forma parte dunha reserva natural propiedade do Landesverband Lippe, subdivisión administrativa do Estado de Renania do Norte-Westfalia, e controlada en colaboración coa estación científica especializada en Bioloxía de Lippe.[2]
Externsteine no folclore alemán
Desde o século XIX o Externsteine convértese no centro de diversos estudos centrados no seu posíbel uso na antigüidade como centro relixioso e a súa relevancia para o pobo teutón. Durante o Terceiro Reich desde a Orde Teutónica, como orde con fins caritativos e de asociacionismo, o reverendo Wilhelm Teudt impulsa unha investigación nos arredores da área da formación rochosa na procura de probas que a identifiquen como un lugar de culto teutón. As escavacións sucédense seguidas polos equipos de investigación de Amt Rosenberg e a partir de 1935 polo SS Ahnenerbe. As escavacións non atopan probas que refuten a hipótese do lugar de culto, idea apoiada pola propaganda nazi, tras o cal o Ministro de Interior Heinrich Himmler detén a publicación dos resultados científicos.
Os estudos despois de 1993 recuperan o material das escavacións deste período, 1934/35, e a arqueóloga Uta Halle emprega estes resultados para facer unha documentación histórica dos usos máis recentes do Externsteine pola política e cultura alemá, onde se citan a reunión de grupos neo-pagáns, neo-nazis e un incremento do turismo ordinario até os 50.000 visitantes ao día.[3]
Notas
- ↑ "Externsteine" Arquivado 12 de maio de 2020 en Wayback Machine.(en alemán)
- ↑ "Externsteine"(en alemán)
- ↑ Gazin-Swartz, Cornelius; Holtorf, Amy (1999). Archaeology and Folklore (en inglés). Routledge. pp. 154-6. ISBN 0-203-98384-X.