Ferrari 500
| Ferrari | |
|---|---|
| Información | |
| País | |
| Fabricante | Ferrari |
| Deseñador | Aurelio Lampredi |
| Produción | 1951-1953 |
| Predecesor | Ferrari 375 F1 |
| Sucesor | Ferrari 625 F1 |
| Longo | 3.800 mm |
| Largo | 1.400 mm |
| Alto | 1.050 mm |
| Peso | 560 Kg. |
| Chasis | Tubular |
| Suspensión | |
| Motor | 4 cilindros en liña |
| Potencia | 1,984 cc |
| Transmisión | transmisión manual de 4 velocidades + retroceso non sincronizada montada nun bloque con diferencial autoblocante ZF |
| Tracción | Posterior |
| Freos | |
| Prestacións | |
| Pneumáticos | Pirelli |
| Debut | Gran Premio de Modena de 1951 |
| Pilotos | Alberto Ascari, Nino Farina, Luigi Villoresi, Piero Taruffi, Mike Hawthorn |
| Carreiras | 15 (oficiais) |
| Gañadas | 14 |
| Poles | 13 |
| Voltas rápidas | 9 |
| Camp. Cons. | 0 |
| Camp. Pilt. | 2 (1952-1953) |
| * "Scuderia Ferrari Formula 1" [Páxina Web oficial da Scuderia Ferrari] (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2019. | |
O Ferrari 500 foi un coche de Fórmula 2 deseñado por Aurelio Lampredi que participou no campionato mundial de Fórmula 1 de 1952 e 1953. Tamén foi o primeiro Ferrari deseñado cun motor que non era de 12 cilindros. Con este coche Alberto Ascari gañou o título de campión mundial en 1952 e 1953.
Para 1952, a FIA anunciou que os Grandes Premios puntuables para o Campionato Mundial de Pilotos disputariase cas especificacións da Fórmula 2 en lugar das de Fórmula 1, tras a retirada de Alfa Romeo do deporte. Ferrari foi o único equipo que tiña un coche deseñado especificamente para a nova fórmula. O coche foi impulsado por un motor de catro cilindros en liña que foi montado detrás do eixo dianteiro, mellorando así a distribución do peso. Alberto Ascari utilizou o coche para gañar o seu primeiro campionato do mundo, gañando todas as carreiras menos unha co sinxelo 500. A carreira perdeuse porque Ascari estaba pilotando o Ferrari de 4´5 litros nas 500 Millas de Indianápolis, con todo, Ferrari gañou a outra carreira na que tamén estivo ausente. A seguinte tempada, Ascari gañou o seu segundo campionato do mundo, e Ferrari gañou todas menos a última carreira, a cal foi gañada por Juan Manuel Fangio, de volta á competición logo dun accidente que danou o seu pescozo.
Ascari gañou 9 carreiras consecutivas co 500, unha marca que segue en pé hoxe en día. O 500 gañou todas as carreiras nas que paricipou agás unha (14 de 15), polo que é o segundo coche estatisticamente máis exitoso na historia do campionato do mundo FIA, logo do McLaren MP4 / 4, que non puido gañar unha das súas 16 carreiras (15 de 16).
625 F1
Para a tempada de 1954 foi o retorno ás regulacións de motores de Fórmula Un, o chasis dos Ferrari 500 foron modificados para o novo regulamento co motor 625 de 2´5 litros que gañaría dúas carreiras máis, unha en 1954 e 1955, aínda que non foi o suficientemente rápido en comparación co Mercedes-Benz W196 e o Maserati 250F. A pesar de dous novos modelos que aparecen durante este período, o 625 non se substituíu por completo ata 1956, cando Ferrari comezou a usar o chasis D50 comprado xunto co equipo Lancia de Fórmula Un.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ferrari 500 at www.ddavid.com Arquivado 06 de setembro de 2011 en Wayback Machine.