Finding Neverland
| Descubrindo Nunca Xamais | |
|---|---|
| Ficha técnica | |
| Título orixinal | Finding Neverland |
| Director | Marc Forster |
| Guión | David Magee |
| Intérpretes | Johnny Depp Kate Winslet Julie Christie Dustin Hoffman Freddie Highmore Radha Mitchell Ian Hart |
| Música | Jan A.P. Kaczmarek |
| Fotografía | Roberto Schaefer |
| Montaxe | Jim Miller Paul Rubell |
| Estrea | 2004 |
| Duración | 106 minutos |
| Orixe | |
| Xénero | Drama |
| Orzamento | $25 000 000 |
| Recadación | $118 676 606 |
| Na rede | |
| http://www.miramax.com/movie/finding-neverland | |
Finding Neverland é unha película de 2004 dirixida por Marc Forster. Conta a experiencia de J. M. Barrie escribindo o clásico infantil Peter Pan.
Sinopse
Sir James Matthew Barrie é un escritor de obras de teatro. Cando as súas obras xa non reciben boas críticas decide escribir unha nova historia. Mentres está no parque coñece a Sylvia Llewelyn Davies e os seus fillos, Peter, Jack, George e Michael. Peter é o único ao que parece non agradar James. Barrie crea unha grande amizade coa familia, pero non é ben vista pola súa esposa Mary nin pola nai de Sylvia.
O escritor e a familia pasan un magnífico verán xuntos no cal os mozos e el mesmo aprenden moitas cousas xuntos. Especialmente Peter, con quen J.M. Barrie crea un gran lazo de amizade, inseparable. Unha vez, no campo, de paseo, Sylvia comeza a tusir descontroladamente e descóbrese que posúe un problema pulmonar, pero decide non someterse a medicacións nin tratamentos.
A esposa de James cánsase de ter que compartir o seu marido con outra familia e decide deixalo. Sylvia empeora rapidamente, chegando a un punto no cal xa non hai moitas esperanzas.
Barrie escribe unha extraordinaria obra inspirada nas súas experiencias xunto á familia de Sylvia, sendo Peter o protagonista da historia. A obra é todo un éxito, cativando o público coa fantasía e as orixinais personaxes.
A saúde de Sylvia non mostra ningún cambio. A noite da estrea o señor Barrie vai buscala, a pedirlle que deixe de finxir que nada pasa. Pero ela dálle a entender que a súa hora está a chegar e é irremediable. Así é como un día George pídelle á súa nai que baixe ao salón e alí atópase coa mesmísima obra, na casa. Ao final, un pano despréndese da parede da casa e detrás del atópase Nunca xamais. Sylvia entra alí e aí é onde morre, debuxando esa morte tras unha estadía eterna en Nunca xamais. James e a señora Llewelyn Davis comparten a tutela dos nenos de Sylvia.
Diferenzas
As diferenzas entre historia real e a película son:
- Había cinco nenos no canto de catro.
- O esposo de Sylvia aínda estaba vivo cando Barrie coñece a familia.
- Sylvia morreu seis anos despois da estrea da obra.
Premios
| Categoría | Persoa | Resultado |
|---|---|---|
| Oscar a mellor película | Candidata | |
| Oscar ao mellor guión adaptado | David Magee | Candidato |
| Óscar ao mellor actor | Johnny Depp | Candidato |
| Óscar a mellor banda sonora | Jan A.P. Kaczmarek | Gañador |
| Oscar ao mellor deseño de vestiario | Alexandra Byrne | Candidata |
| Oscar a mellor dirección de arte | Gemma Jackson | Candidata |
| Óscar ao mellor montaxe | Thelma Schoonmaker | Candidata |