Fong juk

Fong juk
Ficha técnica
Título orixinal放‧逐
DirectorJohnnie To
Orixe Hong Kong
Na rede
http://www.exiledmovie.com/
IMDB: tt0796212 Filmaffinity: 262463 Allocine: 115020 Rottentomatoes: m/exiled Allmovie: v357172 TCM: 658587 Metacritic: movie/exiled Netlix: 70068644 Editar o valor en Wikidata

Fong juk (en chinés: 放‧逐) é un filme de Hong Kong de 2006 producido e dirixido por Johnnie To. Está protagonizado por Anthony Wong, Francis Ng, Nick Cheung, Josie Ho, Roy Cheung e Lam Suet, coas aparicións especiais de Richie Jen e Simon Yam. A acción está ambientada na cidade de Macau. Estreouse na 63ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia, e competiu polo León de Ouro.

Foi escollido como candidato de Hong Kong ó Óscar ó mellor filme internacional na 80ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1]

Personaxes

  • Anthony Wong como Blaze
  • Francis Ng como Tai
  • Nick Cheung como Wo
  • Josie Ho como Jin
  • Roy Cheung como Cat
  • Lam Suet como Fat
  • Richie Jen como Sarxento Chen
  • Simon Yam como Boss Fay
  • Gordon Lam como Boss Keung
  • Cheung Siu-fai como Jeff
  • Tam Ping-man como tío Fortune
  • Benz Hui como sarxento Shan
  • Ellen Chan como prostituta
  • Wong Chi-wai como Darkie

Notas

  1. Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Véxase tamén

Outros artigos