Gran, lesión cutánea, que polo seu aspecto recorda a semente dos cereais, producida polo levantamento da epiderme a consecuencia da picadela dun insecto, dunha doenza, ou pola obstrución por sebo e queratina da canle do folículo piloso, a acne, aldroga, ampola, bocha, bóchega, bóldrega, borrecas, boza, roncha, vexiga, vincha, vinchoca.
Gran, forma de agregación das partículas que constitúen unha substancia e que determinan a maior ou menor aspereza ao tacto. Gran da madeira.
Gran mineral, fragmento apenas perceptíbel de rocha.
Gran, medida de masa obsoleta equivalente a uns cinco centigramos.
Gran métrico, unidade de medida usada en xoiaría; cuarta parte dun quilate.
Gran en fotografía, cada unha das manchas negras ou grises, constituídas por unha acumulación de partículas de prata reducida, que no seu conxunto forman a imaxe fotográfica.