Hatutu
| Tipo | illa Reserva natural | |||
|---|---|---|---|---|
| Descubridor ou inventor | Joseph Ingraham (pt) | |||
| Parte de | Illas Marquesas | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Polinesia Francesa, Francia | |||
| ||||
| Bañado por | Océano Pacífico | |||
| Características | ||||
| Altitude | 428 m | |||
| Superficie | 6,6 km² | |||
| Historia | ||||
| Data de descuberta ou invención | 1791 | |||

Hatutu, ou tamén Hatuta´a, é unha illa das Marquesas, na Polinesia Francesa. Está situada no grupo norte do arquipélago, a 3 km ao nordés de Eiao.
Xeografía
A illa está deshabitada e consiste nunha plataforma elevada de 428 metros de altitude cunha superficie de 6,5 km².
Historia
Hatutu foi descuberta en 1791, polo norteamericano Joseph Ingraham que a chamou Hancock, nome do primeiro gobernador de Massachusetts, John Hancock. Outros nomes utilizados foron o francés Chanal e o inglés Langdon. En 1992, Hatutu foi declarado reserva natural. É un lugar utilizado polas aves mariñas para aniñar, un dos importantes é o piquero de patas azuis (Sula nebouxii).