Illamento
O termo illamento pode referirse a:
Psicoloxía
- Illamento social no que un individuo ten pouca ou ningunha interacción cos demais.
- O illamento como mecanismo de defensa.
Construción
- O illamento acústico que permite a insonorización das estancias.
- O illamento eléctrico no que se impide o paso da corrente eléctrica.
- O illamento térmico que se opón ao paso da calor por condución.
Reprodución
- O Illamento reprodutivo natural no que a separación de dúas poboacións da mesma especie leva á especiación.
Xenética
- O illamento en xenética refírese ao uso de secuencias de ADN chamadas illadores para bloquear a interacción entre amplificadores e promotores, asegurando a regulación independente dos xenes.
Informática
- O illamento de procesos proporciona un ambiente de proba controlado e seguro para executar aplicacións e procesos (exemplo de virtualización específica).
Lingüística
- Lingua illada, lingua cuxa relación non está relacionada con outras.
- A normativa oficial do galego é chamada ás veces isolacionista en contraposición ao reintegracionismo.
Política
- Illamento económico, xeralmente chamado autarquía.
- Illamento internacional no que un Estado permanece ou se mantén fóra da relacións internacionais.
- Aplicado aos Estados Unidos, adoita chamarse isolacionismo.
- Aplicado ao Reino Unido na época vitoriana, chamábase Splendid Isolation .
- Illamento político, que se realiza sobre un partido ou movemento político considerado politicamente inaceptable, considerándoo un extremismo lesivo para o sistema político, ou brazo político ou apoio a un grupo terrorista.
En medicina e saúde pública
- Illamento (saúde), unha medida que se pode adoptar para implementar o control das infeccións, tanto de individuos (como nos cuartos de illamento dos hospitais), como de poboacións (como en pandemias como a da Covid-19 e outras).
En química
- O illamento úsase como sinónimo de refinamento, refinaría ou separación dun composto dunha mestura. Na refinaría do petróleo, o illamento refírese aos procesos que se empregan para separar hidrocarburos presentes no cru para obter gasolina, diésel, queroseno e outros derivados.