Kabaena
| Tipo | illa | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Célebes | |||
| Situado na entidade xeográfica | Illas maiores da Sonda | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Celebes do Sudeste, Indonesia (pt) | |||
| ||||
| Bañado por | Mar de Flores | |||
| Características | ||||
| Superficie | 901 km² | |||
Kabaena[1] (en indonesio: Pulau Kabaena) é unha illa continental no Mar de Flores, Indonesia, fronte ás costas de Célebes (Sulawesi). É unha parte da provincia de Célebes Suroriental. A súa superficie é de 873 km² e tiña preto de 26.535 habitantes en 2010.
Posúe unha superficie montañosa, sendo o punto máis alto o pico Sambapolulu (1.570 m). O cultivo de arroz, iuca, coco, a pesca, a explotación dos bosques e a cría de búfalos son as súas actividades económicas principais. a vila de Sikeli é a súa localidade máis importante.
Notas
- ↑ Biro Pusat Statistik, Jakarta, 2011.