Kintyre
| (en) Kintyre | |||||
| Tipo | península | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| División administrativa | Argyll and Bute, Reino Unido e Killean and Kilchenzie, Reino Unido | ||||
| |||||
| Bañado por | Canle do Norte e Kilbrannan Sound | ||||
Kintyre (Ceann Tìre en gaélico escocés, literalmente "promontorio")[1] é unha península do oeste de Escocia, no suroeste do condado de Argyll e Bute. Ten unha lonxitude de aproximadamente 48 km, dende o Mull of Kintyre no sur (ao que Paul McCartney adicou unha coñecida canción en 1977), até o to East Loch Tarbert no norte. A rexión lindeira con esta penínusla polo norte chámase Knapdale.
Xeograficamente, a península de Kintyre é alongada e estreita, xa que en ningún punto supera os 18 km de costa a costa. A parte central da penínusla está composta principalmente por páramos montañosos, mentres que as zonas costeiras e parte do interior están compostas por terras fértiles. Así pois, Kintyre foi unha zona de frecuentes asentamentos humanos, dende os primeiros escotos que migraron dende o Ulster para o oeste de Escocia, até os viquingos noruegueses que conquistaron a área cara ao ano 1000.
A localidade máis grande da zona é Campbeltown (a uns 9 km do Mull por estrada), que ostenta o título de "Burgo Real" dende mediados do século XVIII. A economía da zona baséase tradicionalmente na pesca e a agricultura, aínda que Campbeltown gañouse tamén unha reputación polo seu whisky de malte, en especial o seu premiado Springbank.
Notas
- ↑ "Foclóir Gaeilge–Béarla (Ó Dónaill): ceann tíre". www.teanglann.ie (en inglés). Consultado o 2024-11-26.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Páxina con información sobre Kintyre Arquivado 14 de xuño de 2021 en Wayback Machine.
- Páxina oficial para visitantes de Kintyre Arquivado 14 de xuño de 2021 en Wayback Machine.