Klenk
| Nome completo | Klenk-Meteor |
|---|---|
| Bandeira | |
| Baseada en | Alemaña |
| Tempadas en activo | 1954 |
| Número de pilotos | |
| Debut | Gran Premio de Alemaña de 1954 |
| Carreiras | 1 |
| Campionatos de Construtores | 0 |
| Campionatos de Pilotos | 0 |
| Vitorias | 0 |
| Pole positions | 0 |
| Voltas Rápidas | 0 |
| Puntos totais | 0 |
| Derradeiro GP | Gran Premio de Alemaña de 1954 |
O Klenk-Meteor foi un coche de competición, que competiu no Gran Premio de Alemaña de 1954. O coche baseábase no Veritas, que estivo activo entre 1948 e 1953. Veritas é recordado principalmente como fabricante de coches deportivos e exitosos coches de competición de Fórmula 2. A compañía pechou cando o seu fundador, Ernst Loof, enfermou. Posteriormente morreu en 1956. O Klenk-Meteor que participou no Gran Premio de Alemaña de 1954 foi esencialmente un coche Veritas de Fórmula Dúas. O coche era propiedade e estaba preparado polo piloto de carreiras alemán Hans Klenk, que tiña intención de competir con el no Gran Premio. Pero a carreira de Klenk como piloto de carreiras chegou ao seu fin cando sufriu lesións nun accidente, antes da carreira, mentres traballaba como piloto de probas de Mercedes-Benz. O coche foi pilotado no Gran Premio por outro alemán, Theo Helfrich. Retirouse na volta 9 cun fallo de motor.
Resultados Completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
| Ano | Chasis | Motor | Pneu. | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1954 | Klenk Meteor | BMW L6 | P | ARX |
500 |
BEL |
FRA |
GBR |
ALE |
SUI |
ITA |
ESP | |
| Theo Helfrich | Ret |
Referencias
Ligazóns externas
- Klenk profile at Grand Prix Encyclopedia
- Results from Formula1.com Arquivado 09 de marzo de 2015 en Wayback Machine.