Koper
| Koper (sl) Capodistria (it) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Eslovenia | |||
| City municipality of Slovenia (en) | City Municipality of Koper (en) | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 25.753 (2020) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 13 km² | |||
| Altitude | 3 m-15 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 6000 | |||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 05 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Monument of local significance (en) | ||||
| Data | 27 de outubro de 2007 | |||
| Identificador | 235 | |||
| Sitio web | koper.si | |||
Koper (Capodistria, en italiano; Kopar, en croata; Gafers, en alemán) é unha cidade de Eslovenia, sita no litoral norte da península de Istria, que contaba no ano 2006 con 24.704. O distrito de 311,2 km². tiña 49.206 habitantes no 2004. É unha cidade bilingüe, en esloveno e italiano.
Está dotada do único porto comercial do país. A súa distancia a Trieste, capital italiana de Friuli-Venecia é tan só dunha trintena de quilómetros.
Historia breve
Como gran parte de Istria, pertenceu á República de Venecia entre 1229 e 1797, en que pasaría a ser incorporada ao Imperio napoleónico. Acabadas as guerras napoleónicas, pasou a formar parte do Imperio Austrohúngaro, até a Paz de París que selou a derrota dos imperios centrais na primeira guerra mundial, en 1919. Pasou logo a mans de Italia, que a conservou até 1945. Despois desta data, como o resto de Eslovenia formou parte da República de Iugoslavia, até a independencia daquela.
Monumentos
- Pazo Pretorio, de estilo gótico veneciano.
- Catedral de san Nazario, dos séculos XV-XVI.
- Pazo con Loggia renacentista.
Galería fotográfica
-
Pazo Pretorio
-
A Loggia
-
O porto de Koper