Lebu
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Chile | ||||
| Rexión | Rexión de Biobío | ||||
| Provincia | Provincia de Arauco | ||||
| Comuna | Lebu (en) | ||||
| Capital de | |||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 5,35 km² | ||||
| Altitude | 74 m | ||||
| Creación | 1862 | ||||
| Sitio web | lebu.cl | ||||
Lebu é un municipio (comuna) e cidade de Chile, que tamén é a capital da provincia de Arauco, na Rexión de Biobío, localizada a uns 145 quilómetros ao sur da cidade capital rexional de Concepción. Segundo os resultados preliminares do censo 2012, a comuna ten uns 23.787 habitantes coa maioría na urbe, e a súa área é de 57 km².
O nome da cidade de Lebu débese ao seu río, chamado polos mapuches «Leufu», que significa «río». Pouco a pouco, o nome inicial foi entrando en progresiva castelanización como segue: «Leuvu», «Lebo», «Levo», «Leubu» o «Lebú», até quedar ao final como «Lebu»[1]. Limita ao norte coa comuna de Arauco, Los Álamos e Curanilahue, ao oeste co océano Pacífico.
Os xentilicios da comuna son lebuense e lebulense.
Notas
- ↑ turismochile.com - Historia de Lebu Arquivado 08 de marzo de 2014 en Wayback Machine. (en castelán) Consultado o 3 de febreiro de 2014
Véxase tamén
Ligazóns externas
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |