Leica
| Leica Camera AG | |
|---|---|
Sede de Leica en Wetzlar. | |
| Tipo | Sociedade Anónima (Aktiengesellschaft, AG) |
| Fundación | 1914 |
| Localización | Wetzlar, |
| Fundador | Ernst Leitz |
| Industria | Óptica |
| Produtos | Instrumentos ópticos Cámaras fotográficas Obxectivos |
| Beneficio | 356 millóns de euros |
| Número de empregados | 1 600 |
| Na rede | |
| https://www.leica-camera.com e https://uk.leica-camera.com/ | |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Leica é unha empresa alemá adicada á fabricación de instrumentos ópticos de precisión. Foi fundada no ano 1914 por Ernst Leitz e o seu nome provén das tres primeiras letras do apelido do fundador e as primeiras dúas da palabra «camera».
Está dividida en tres compañías claramente diferenciadas: Leica Camera AG, Leica Geosystems AG e Leica Microsystems AG que se dedican respectivamente a poducir cámaras fotográficas, equipamento topográfico e equipamento médico.
Series de Leica
As cámaras fotográficas de Leica divídense en catro series:
- M; telemétricas
- R; SLR
- S; formato medio
- X; compacta con sensor APS-C
- T; compacta con sensor APS-C e obxectivos intercambiables autofocus
- Outras cámaras Leica actuais ou recentes (dende 2002) son modificacións das Panasonic Lumix (Leica C-Lux, D-Lux, Digilux e V-Lux). Algúns modelos dixitais anteriores (os primeiros Digilux cara 1998 - 2000) estiveron baseados en Fuji.
En maio de 2012 a Galería de Poxas Westlicht, en Viena, poxou unha cámara Leica da serie-0, a cal foi vendida por 2,16 millóns de euros.[1] Estas cámaras son extremadamente valiosas porque só de ten coñecemento de que existen 12 exemplares, e polo seu valor na historia da fotografía.
Notas
- ↑ "Leica camera fetches 2.16m euros at auction". BBC (en inglés). 13 de maio de 2012.