O Libro de Xudit é un libro deuterocanónico bíblico do Antigo Testamento. Non forma parte da Biblia hebrea e polo tal os protestantes considérano apócrifo mentres os católicos recoñecérono como canónico no sínodo do ano 382 e os ortodoxos no concilio do ano 692. Escrito orixinalmente en hebreo, non se conserva a versión orixinal, o texto máis antigo conservado está en grego pero a versión máis difundida foi a latina da Vulgata. O libro conta a historia de Xudit, unha viúva hebrea de gran beleza, que no transcurso da guerra de Israel contra os asirios descobre que o xeneral invasor, Holofernes, está namorado dela. Acompañada da súa criada, a viúva entra na tenda do xeneral e engánao para que que confíe nela. Cando Holofernes dorme por efecto do alcohol, Xudit córtalle a cabeza, confundindo ao exército asirio e obtendo a vitoria para Israel.
Tobías • Xudit • Adicións a Ester • 1 Macabeos • 2 Macabeos • Sabedoría • Eclesiástico ou Sirácida • Baruc & Carta de Xeremías • Adicións a Daniel (Susana, Cántico dos Tres Mozos, Bel e o Dragón)