Lingua chuj
| Chuj | ||
|---|---|---|
| Pronuncia: | [tʃuːx] | |
| Falado en: | Guatemala e México | |
| Rexións: | Huehuetenango e Chiapas | |
| Total de falantes: | 43 000 (1991–2000) | |
| Familia: | Maia Q’anjob’al Chujeana Chuj | |
| Escrita: | Alfabeto latino | |
| Status oficial | ||
| Lingua oficial de: | | |
| Regulado por: | Academia de Lenguas Mayas de Guatemala | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | --
| |
| ISO 639-2: | --- | |
| ISO 639-3: | cac
| |
| Mapa | ||
| Status | ||
O chuj é unha lingua maia falada por preto de 40 000 membros do pobo chuj en Guatemala e arredor de 10 000 en México. O chuj é un membro da póla q’anjob’al xunto coas linguas tojolab'al, q'anjob'al, acateca, jacalteca e mocho’. A familia chujeana xurdiu hai aproximadamente 2 000 anos.[3] En Guatemala, os falantes de chuj residen principalmente nos concellos de San Mateo Ixtatán, San Sebastián Coatán e Nentón, no departamento de Huehuetenango. Algunhas comunidades en Barillas e Ixcán tamén falan chuj. Os dous dialectos principais de chuj son o de San Mateo Ixtatán e o de San Sebastián Coatán.[4]
Notas
- ↑ Proyecto de Reformas a la Constitución Política
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Stzolalil Stz'ib'chaj Ti' Chuj, ALMG, 2007, p.34
- ↑ Robertson, John S. (1992). A history of tense/aspect/mood/voice in the Mayan verbal complex. Austin, Texas: University of Texas press.