Loktudi
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
| Defense and Security zone of France (en) | Western defense and security zone (en) | ||||
| Rexións | Bretaña | ||||
| Departamento | Finistère | ||||
| Capital | Loctudy (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 4.043 (2022) | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Q108921711 Q3551104 | ||||
| Superficie | 12,73 km² | ||||
| Altitude | 0 m-17 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Serge Guilloux (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 29750 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Sitio web | loctudy.fr | ||||
Loctudy, en bretón Loktudi, é unha cidade e comuna francesa, situada na rexión da Bretaña, departamento de Finistère, no distrito de Quimper e no cantón de Guilvinec.
Demografía
| Ano | 1962 | 1968 | 1975 | 1982 | 1990 | 2008 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Poboación | 3238 | 3410 | 3544 | 3560 | 3622 | 4161 |
Toponimia
O nome provén de lok que significa lugar santo ou consagrado e de Tudy, do nome do santo fundador da primeira comunidade cristiá local do século V. Propúxose a equivalencia entre Saint Tudy e Saint Tugdual. O topónimo coincide en francés e bretón (Loctudy e Loktudi) pero as letras "c" e "y" non existen nesta lingua.
-
Praia de Lodonnec coa marea baixa; ao fondo, a punta de Kerafédé.
-
Herba da Pampa, especie invasora en Bretaña e en Galiza, crecendo nun espazo natural preto de Tréguido.
-
As rochas de Enizan vistas desde a duna que bordea a praia de Sables Blancs en Loctudy.
-
A praia de Sables Blancs que se estende até Lesconil vista desde a Pointe du Cosquer.
-
Plage des Sables Blancs: retroceso da duna baixo a acción da erosión a pesar das medidas de protección adoptadas.
-
A senda de longo percorrido GR34 no alto da duna que bordea a praia de Sables Blancs; ao fondo Lesconil.
-
O pólder de Ster Kerdour (antiga marisma) e unha lagoa (conca da lagoa que recibe auga de drenaxe).
Irmandamento
O concello de Loktudi está irmandado desde 2018 con Ribadeo,[1] que é un dos vinte e un concellos galegos irmandados con localidades bretoas[2] (hai máis localidades bretoas, xa que Cambados está irmandado con seis localidades da baía do Mont-Saint-Michel).[3] Constituíuse tamén a Asociación de Amizade Ribadeo-Loctudy.[4]
Loktudi tamén está irmandado con Fishguard-Goodwick en Pembrokeshire, País de Gales.[5]
Notas
- ↑ "Ribadeo (Galice)". Loctudy (en francés). Consultado o 2022-06-30.
- ↑ Jct (2012-03-04). "Amigos de la Cultura Celta: Hermanamientos entre Galicia y Bretaña". Amigos de la Cultura Celta (en castelán). Consultado o 2022-06-30.
- ↑ "Cambados se va de intercambio". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-01-17. Consultado o 2022-06-30.
- ↑ asociacionescritoras-es. "Asociación de Irmandade Ribadeo-Loctudy ; Axenda cultural AELG::". Consultado o 2022-06-30.
- ↑ "Fishguard-Goodwick (Pays de Galles)". Loctudy (en francés). Consultado o 2022-06-30.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- INSEE
- Eleccións municipais de 2008 Arquivado 12 de marzo de 2008 en Wayback Machine.