Luffa

Luffa

L. aegyptiaca
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Dilleniidae
Orde: Cucurbitales
Familia: Cucurbitaceae
Subfamilia: Cucurbitoideae
Tribo: Benincaseae
Subtribo: Luffinae
Xénero: Luffa
Especies

Véxase no texto

Luffa é un xénero con 7 especies de plantas con flores pertencente á familia Cucurbitaceae. As plantas e sobre todo os seus froitos son coñecidos coma estropallos ou esponxas vexetais. É o único xénero da subtribo Luffinae.

Etimoloxía

O nome do xénero deriva do árabe: Lufah, لوف.

Descrición

Son plantas rubideiras tropicais e subtropicais.

Usos

O froito de polo menos dúas especies, Luffa acutangula e Luffa aegyptiaca, cultívase para se consumir coma hortaliza, sendo popular en Asia e África.

A súa popularidade medrou co uso do seu froito enxugado coma esponxa exfoliante, pois son de alta calidade, obtendo moi bos resultados dermatolóxicos.

As larvas dalgunhas especies de lepidópteros (bolboretas e avelaíñas), como Hypercompe albicornis aliméntanse das especies de Luffa.

  • Poppya Neck. ex M.Roem.
  • Trevauxia Steud.
  • Trevouxia Scop.
  • Turia Forssk. ex J.F.Gmel.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas