M3 Stuart
| M3 Stuart | |
|---|---|
| Tipo | carro de combate lixeiro |
| Orixe | Estados Unidos |
| Usado por | Estados Unidos de América |
| Producido | 1941 - 1945 |
| Construídos | 22 744 M3 e M5 |
| Peso | 12.9 toneladas |
| Lonxitude | 4.53 metros |
| Anchura | 2.24 metros |
| Altura | 2.39 metros |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
O M3 Stuart, formalmente Light Tank M3, foi un carro de combate estadounidense da segunda guerra mundial. Foi subministrado ás forzas británicas e da Commonwealth baixo un acordo de préstamo antes da entrada dos Estados Unidos na guerra. A partir de entón sería usado polos estadounidenses e todas as forzas aliadas ata o final do conflito.
O nome General Stuart ou Stuart dado polos británicos procede do xeneral confederado da Guerra Civil Estadounidense J.E.B. Stuart, e foi usado tanto para o M3 como para o seu derivado M5 Light Tank. No servizo británico tamén sería alcumado Honey, despois de que un condutor remarcase que "She's a honey" (ela é un mel). No servizo estadounidense foron oficialmente coñecidos como "Light Tank M3" e "Light Tank M5". Os M3 Stuart foron os primeiros carros con tripulación estadounidense en enfrontarse a outros carros en combate.