Manuel Alexandre
(2004) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de novembro de 1917 Madrid, España |
| Morte | 12 de outubro de 2010 Madrid, España |
| Causa da morte | cancro |
| Lugar de sepultura | Cemiterio de La Almudena |
| Actividade | |
| Ocupación | actor de cinema, actor de televisión |
| Período de actividade | 1945 |
| Premios | |
Manuel Alexandre, nado en Madrid o 11 de novembro de 1917 e finado o 12 de outubro de 2010[1], foi un actor español.
Traxectoria
Comezou a estudar a carreira de Dereito, deixándoa para facer Xornalismo. Porén, a guerra civil española obrigouno a abandonar os estudos. A súa carreira profesional iníciase en 1945 na compañía de Társila Criado e Jesús Tordesillas que representaban no teatro Reina Victoria Cuando las Cortes de Cádiz. Máis tarde pasou á compañía del Eslava e logo á do Teatro Español.
En cinema comezou nos anos cincuenta co director Luis García Berlanga en Bienvenido, Mr. Marshall (1953). En Televisión Española participou en máis dun centenar de espazos dramáticos e outros programas.
Tiña unha grande afección pola Literatura.
Filmografía
Cine
Premios
- Candidato ó Premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista (2005)
- Goya de Honor (2003)
- Fotogramas de Plata de Honor (2000)
- Premio Honorífico da Unión de Actores
- Homenaxe en Semana Internacional de Cine de Valladolid (Seminci) 1994
- Premio Pepe Isbert 1993
- Premio da Crítica Cinematográfica.(1980)
- Premio Nacional por Plácido de 1962
- Premio da revista Film Ideal.
- Foi sosias de Don Ramon Serrano Suñer.
Notas
- ↑ Fallece el actor Manuel Alexandre, nova en Público o 12 de outubro de 2010.