Maspalomas
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Illas Canarias | |||
| Provincia | Las Palmas | |||
| Concello | San Bartolomé de Tirajana | |||
| Xeografía | ||||
| Altitude | 0 m | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 35100 | |||
| Sitio web | maspalomas.com | |||

Maspalomas é unha localidade do concello de San Bartolomé de Tirajana, no extremo sur da illa de Gran Canaria. É o principal núcleo turístico da illa.
Trátase dunha cosmopolita urbe turística que conforma un enclave urbano de aproximadamente 33.000 habitantes empadroados (2005) e máis de 180.000 camas (entre hoteleiras, extrahoteleiras e residenciais), que representan o 70% das prazas de toda Gran Canaria (2006). Encóntrase preto da autoestrada GC-1, que a conecta co Aeroporto de Gran Canaria en 15 minutos e coas Palmas de Gran Canaria en 25..
A praia de Maspalomas comprende dende a Playa del Inglés ata o Faro de Maspalomas e na súa superficie conta cunha zona acoutada como praia nudista. Dentro dos seus límites sitúanse as Dunas de Maspalomas e a Poza de Maspalomas, dous espazos naturais de grande interese turístico e científico, que foron declarados zonas protexidas.[1]
Notas
- ↑ ": Reserva Natural Especial das Dunas de Maspalomas (C-7).". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2016. Consultado o 06 de xullo de 2015.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Concello de San Bartolomé de Tirajana
- MASPALOMAS: historia de un pueblo Arquivado 15 de xuño de 2012 en Wayback Machine.