Membrana

O termo membrana, do latín membrāna, -ae, 'película', 'pel', 'codia', inicialmente referíase a calquera envoltura delgada e flexíbel que rodease calquera corpo. Un segundo sentido académico, por analoxía co grego ὑμήν hymén, 'membrana', é o dunha fina capa de material brando que separa dous ambientes, máis ou menos porosos e permeábeis.

A palabra úsase con significados particulares en diferentes disciplinas:

  • En anatomía membrana é o nome que se dá aos tecidos de estrutura aplanada, que os organismos usan para abrazaren e conteren certos órganos, ou para conter ou secretar certos líquidos, por exemplo,
  • En bioloxía celular,
    • a membrana lipídica ou bicapa lipídica, unha membrana delgada constituída por dúas capas de lípidos (e outras moléculas, xa que as membranas celulares son membranas lipoproteicas),
    • a membrana nuclear ou envoltura nuclear, envoltura membranosa que rodea o núcleo das células eucariotas, onde se encerra o material xenético, formada por dúas membranas superpostas (membranas nuclear interna e externa) separadas por un espazo intermembrana,
    • a membrana ondulante, película citoplasmática que, nalgúns protozoos, une o flaxelo co resto da célula,
    • a membrana plasmática, estrutura laminar que envolve o citoplasma de todas e cada unha das células; ademais, as membranas dos orgánulos celulares das células eucariotas teñen unha estrutura similar. Ás veces tamén se chama membrana celular, aínda que este termo é equívoco, pois foi empregado inicialmente tanto para referirse á membrana plasmática como á parede celular, conceptos moi diferentes,
    • a membrana tilacoidal, membrana situada dentro dos cloroplastos que encerra o tilacoide, lugar onde teñen lugar as reaccións da fase luminosa da fotosíntese.
  • en botánica,
    • a membrana basal, estrutura membranosa do perístoma, na que adoitan encontrarse os dentes periestomáticos,
    • a membrana poral, finísima membrana que cobre o poro xerminal do gran de pole.
  • En electroacústica,
  • En física (e en bioloxía, química e ciencias da saúde):
    • Unha membrana é unha lámina de material poroso que, colocada entre dous fluídos, permite que ao seu través se realicen intercambios entre os mesmos; poden ser:
      • membrana permeábel ou permeable, a que deixa pasar o disolvente e os produtos que este leva en solución,
      • membrana semipermeábel ou semipermeable, a que permite só o paso do disolvente, pero non o das substancias que este leva en solución; é de grande importancia nos fenómenos de difusión osmótica.
  • En tecnoloxía, e desde un punto de vista estrutural,
    • unha membrana elástica é un elemento resistente bidimensional caracterizado por ter unha rixidez flexional nula ou moi baixa e traballar en cada punto segundo tensións mecánicas paralelas ao plano tanxente a dita membrana.
  • En zooloxía,