Miguel IV

Modelo:BiografíaMiguel IV

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(el) Μιχαήλ Δ΄ Παφλαγών Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1010 Editar o valor en Wikidata
Paflagonia, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte10 de decembro de 1041 Editar o valor en Wikidata (30/31 anos)
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaConstantinopla Editar o valor en Wikidata
Emperador bizantino
11 de abril de 1034 – 10 de decembro de 1041
← Romano IIIMiguel V, Zoe Porfiroxénita → Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónEmperador Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastia macedônica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeZoe Porfiroxénita Editar o valor en Wikidata
IrmánsJoão, o Eunuco
Constantí el Paflagoni
George Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Unknown-214632

Miguel IV, "o Paflagonio", nado en 1010 e finado o 10 de decembro de 1041, (en grego Μιχαήλ Παφλαγών, que significa "da provincia de Paflagonia"), foi un emperador bizantino do 11 de abril de 1034 ao 10 de decembro de 1041.

Traxectoria

Debeu a súa elevación á emperatriz Zoe, filla de Constantino VIII e muller de Romano III, que namorada de Miguel, que era o seu chambelán, envelenou ao seu marido para casar pouco despois con el, ambos feitos ocorreron en 1034.

Miguel, con todo, que era unha persoa de pouco carácter e sufría ataques epilépticos, deixou o poder en mans do seu irmán, Xoán o Eunuco, que fora primeiro ministro con Constantino e Romano. As reformas de Xoán no exército e o fisco permitiron un certo rexurdir da potencia bizantina, que se mantivo fronte aos ataques inimigos.

Na fronteira oriental, a importante cidade de Edesa foi liberada tras un longo asedio. Os musulmáns occidentais foron practicamente expulsados de Sicilia por Xurxo Maniaces (que levou a cabo alí as súas campañas entre 1037 e 1040), pero unha expedición contra os normandos de Italia sufriu sucesivas derrotas, e trala partida de Maniaces, moitas das súas conquistas en Sicilia perdéronse (1041).

No norte, os serbios tiveron éxito na súa revolta (1040), pero a perigosa rebelión dos búlgaros e outros eslavos balcánicos, que ameazaba as cidades de Tracia e Macedonia, foi reprimida pola triunfante campaña dirixida polo emperador en persoa pouco antes da súa morte.

Bibliografía

  • Miguel Psello o Xove, Cronografía (ed. esp.: Miguel Pselo, Vidas de los emperadores de Bizancio, Madrid: Ed. Gredos, 2005).
Imperio Bizantino

Segue a:
Romano III
Miguel IV
Precede a:
Miguel V
Dinastía Macedonia